BRUSELAS-BRUXAS





BRUSELAS-BRUXAS
12 XUÑO-15 XUÑO 
Recepción no Parlamento Europeo 13 XUÑO 10:30 horas  






Pasearemos polo entramado de rúas da vella Bruselas, asombrarémonos na Grand Place e tentaremos á sorte con Everard,t Serclaes. Atoparemos o cisne, o raposo e a loba, nas casas gremiales? Unha ollada ás Galerías St Hubert, a cerveza de cereixa na Morte Subite e seguiremos o aroma dos gaufres ata o Manneken Pis. Unha visita ao conde  de Egmont na praciña do Petit Sablon e o chocolatiño en Marcolini que non falte.





















En Bruxas espéranos o Minniwater, o misterio das beguinas e os 366 chanzos do Belfort, dende onde divisaremos Spanjaardstraat, a rúa dos españois. E un cruceiro polas canles. E a basílica da Santa Sangue...
 







SAÍDA XOVES 12 XUÑO
OPORTO-BRUSSELS ZAVENTEM    15:20
Saída en autobús ata Oporto ás 10:20 horas -lugar de saída CIM Silleda, Chousa Nova, 67-.
VOLTA  DOMINGO 15 XUÑO
 BRUSSELS ZAVENTEN- OPORTO     13:30
Volta en autobús Oporto-Silleda

PREZO: 235 euros

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: Ata o día 22 de Abril

Máis información no Centro de Información ás Mulleres de Silleda, Chousa Nova 67. Teléfono 986592037

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA