SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS. 2014






ORDE DO 25 DE ABRIL DE 2014 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE PROCEDE Á CONVOCATORIA PÚBLICA, NO ÁMBITO DA CA DE GALICIA, DAS SUBVENCIÓNS PARA O FINANCIAMENTO DAS BOLSAS ÁS PERSOAS NOVAS QUE REALIZAN PRÁCTICAS NON LABORAIS EN EMPRESAS

OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da CA de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o finanzamento ás empresas das bolsas dos mozos e mozas que realizan prácticas non laborais nestas empresas.

ENTIDADES BENEFICIARIAS


Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Públicode Emprego de Galicia, subsciban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais.
REQUISITOS DAS PRÁCTICAS NON LABORAIS QUE PODEN SER OBXECTO DE SUBVENCIÓN DE ACORDO CON ESTA ORDE


As empresas ou grupos empresariais, en colaboración cos servizos públcios de Emprego e no marco da responsabilidade social empresarial, poderán subscribir acordos con persoas novas, con ningunha ou moi escasa experiencia laboral, co obxecto de realizar prácticas de carácter non laboral nos seus centros de traballo, co fin de contribuir a mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles un primeiro contacto coa realidade laboral a través do acercamento a esta, ao tempo que contribúen a completar a formación acadada pola persoa nova.

As práctica non laborais realizaranse en centros de traballo situados na CA de Galicia.

As prácticas non laborais nas empresas non suporán, en ningún caso, a existencia de relación laboral entre a empresa e a persoa nova.

Terán unha duración mínima de catro horas diarias.

As prácticas desenvolveranse en centros de traballo da empresa ou do grupo empresarial, baixo a dirección e supervisión dun titor e terán unha duración de entre 6 e 9 meses. Á finalización das mesmas as empresas deberán entregar ás persoas que realicen as prácticas un certificado no que conste, polo menos, a práctica realizada, os contidos formativos  inherentes a esta, a súa duración e o período de realización.

As empresas ou grupos empresariais en que se desenvolvan as prácticas aboarán ás persoas novas participantes unha bolsa de apoio cuxa contía será, como mínimo:

- 80 por cento do IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas teñan unha duración de 4 horas diarias.
- 100 por cento do IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas duren máis de 4 horas diarias.

DESTINATARI@S DAS PRÁCTICAS NON LABORAIS E CONTIDO DESTAS

As prácticas non laborais irán dirixidas  a persoas novas desempregadas inscritas na oficina de emprego, con idades comprendidas entre 18 e 25 anos inclusive, que posúan unha titulación oficial universitaria, titulación de formación profesional, de grao medio ou superior, ou titulación do mesmo nivel que o desta última, correspondente ás ensinanzas de formación profesional, artísticas ou deportivas, ou ben un certiificado de profesionalidade. Así mesmo, non deberán ter tido unha relación laboral ou outro tipo de experiencia profesional superior a 3 meses na mesma actividade, non se tendo en conta para estes efectos as prácticas que formen parte dos currículos para a obtención das titulacións ou certificados correspondentes.

DOG nº 80, 28 abril 2014

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA