ELAS EN MAIO


Retrato dunha nena palestina ataviada coa vestimenta tradicional na conmemoración do Día da Nakba, que designa o éxodo palestino duranta a guerra árabe israelí.
ADEL MANA (AP)
 


Mulleres de Nixeria piden ao goberno a liberación das mozas secuestradas na escola secundaria Chébak, Lagos
SUNDAY ALAMBA (AP)


 Centro de refuxiad@s  musulmáns que fuxen da milicia "anti balaka" en Yaloké, preto de Bangui na República Centroafricana.
ISSOUF SANOGO (AF)


A tenista serbia Ana Ivanovic devolve unha pelota á rumana Simona Halep durante o partido de cuartos que disputaron no torneo Mutua Madrid Open. Finalmente, Halep impúsoxe á tenista serbia.
DANIEL OCHOA DE OLZA (AP)



Captura do vídeo no que o grupo terrorista Boko Haram, que mantén secuestradas a máis de 200 nenas no norte de Nixeria, mostra imaxes das súas reféns recitando unha sura do Corán.



Activist@s prorusos celebran a vitoria pola independencia obtida no referendum celebrado en Ucrania
 


A actriz australiana  Nicole Kidman, protagonista da película "Grace de Mónaco" posa para os fotógrafos na 67 edición do festival de Cannes.
VALERY HACHE (AFP)



  Proxecto "Inside Out" do artista francés JR que retratou a lugareños e turistas de Xintiandi, empapelando os chans e paredes de Lakeside Road, na cidade chinesa.



 Unha moza participa no festival de burbullas de xabón "Dreamflash" celebrado en Moscú.
ALEXANDER UTKIN (AFP)


Un soldado axuda a unha anciá a baixar unhas escaleiras no centro de Bangkok (Tailandia). O exército de Tailandia iniciou unha rolda de contactos con representantes do Goberno, institucións e manifestantes para atopar unha saída negociada á crise política, un día despois de declarar a lei marcial.
WASON WANICHAKORN (AP)


Unha muller pon flores en recordo ás/aos 33 nen@s que morreron no accidente dun autobús en Fundación (Colombia)
LUIS ACOSTA (AFP)


A actriz italiana Sophia Loren, fotografía á prensa, durante a presentación da curtometraxe "Voce Umana" en Cannes
BERTRAND LANGLOIS (AFP)


A saltadora española e campiona de Europa de salto de altura, Ruth Beitia, compete na proba de salto de altura durante o campionato World Challenge que se celebra en Pekín (China). Beitia logrou a terceira posición cunha marca de 1,92 metros.
ROLEX DELA PENA (EFE)


Unha nena espera a chegada da duquesa e o duque de Cornwall, na cidade de Pictou (Canadá). A parella real  comeza unha visita de catro días por Canadá.
MARK BUNCH (REUTERS)


A actriz  Marion Cotillard chega a proxección da película "L,Homme qu,on Aimait Trop" na 67 edición do Festival de Cine de Cannes.
LOIC VENANCE (AFP)


Unha muller protesta contra a intervención militar en Bangkok (Tailandia)
WASON WANI CHAKORN (AP)


Ambiente na praia Lido en Mogadiscio (Somalia)
FEISAL OMAR (REUTERS)



A española Garbiñe Muguruza no partido de Roland Garros onde eliminou á número 1 do mundo e defensora do título no torneo parisino, a estadounidense Serena Williams, que perdeu por 6-2 e 6-2, nunha hora e catro minutos.
DOMINIQUE FAQUET (AFP)



Unhas 15.000 persoas asistiron á homenaxe polas vítimas do ataque ocorrido o venres na localidade universitaria de Illa Vista (Santa Bárbara, California) e esixiron aos políticos que leven a cabo as medidas necesarias para evitar unha soa morte máis deste tipo.
LUCKY NICHOLSON (REUTERS)



 Unha parella xunto á fonte do Lincoln Center en Manhattan, Nueva York



Unha muller cachemira sostén ao seu fillo durante as celebracións do Miraj-Ul-Alham (ascensión ao Ceo) no Santuario de Hazratbal. Miles de musulmáns coinciden cada ano para as celebracións neste santuario, sito preto da capital de evrán da India, Cachemira, no estado de Jammu.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS