VOLTA AO COLE

Tralas vacacións, a idea da volta á clase pode supoñer un periodo de adaptación nos nenos e durante o cal poden estar nerviosos. Cun pouco de apoio e de paciencia, iranse incorporando pouco a pouco á rutina da vida escolar.
Niños leyendo

Como facer máis doado o primeiro día

Os días antes de ir ao colexio podeselle falar dos aspectos positivos de comezar o curso: verá aos seus compañeiros e amigos, e coñecerá a outros/as nenos/as novos/as.
Durante as vacacións os horarios son diferentes que cando van á escola. Para que durma o suficiente é recomendable establecer uns horarios de sono apropiados durante as semans previas.
Tomar un almorzo saudable, para o que é recomendable levantarse con tempo e establecer unha rutina que inclúa almorzar a diario en familia.
Se é posible, pódese contactar con outros nenos/as que van ao colexio e o primeiro día ir xuntos pode facer máis fácil o regreso.
Os pais poden aproveitar o primeiro día para acompañalos e pasar tempo cos nenos á saída da escola.

Mochila

É convinte escoller un modelo con correas anchas e acolchadas e coa parte posterior con acolchamento.
Colocar únicamente nela os obxectos necesarios. Poñer os artigos máis pesados no centro. A mochila non debe pesar máis do 10 ao 15% do peso corporal do/a neno/a.
A mochila debe colocarse usando ambas correas. Colgala sobre un só hombreiro pode producir problemas nas costas.
Pódese adquirir unha mochila con rodas, ainda que hai que ter en conta que tamén hai que cargarlas nas escaleiras e poden ser difíciles de transportar en terrenos irregulares.

Seguridade no traslado á escola e volta á casa

Se se desplaza en autobús escolar:
  • Esperar a que o autobús se deteña antes de achegarse a él dende o borde da beirarrúa.
  • Non andar dentro do autobús.
  • Antes de cruzar a rúa, asegurarse de que non veña un coche.
  • Asegurarse sempre de estar á vista do conductor do autobús.
Se se desplaza en coche:
  • Todos os pasaxeiros deben usar dispositivos de seguridade apropiados para a idade e estatura. En España os sistemas de retención infantil son obligatorios para todos os nenos de menos de 135 cm de altura. Pola seguridade dos nenos é recomendable que sigan facendo uso de eles ata alcanzar os 150 cm de talla.
  • O neno debe ir sempre no seu asento.
Se vai en bicicleta:
  • Sempre usar un casco para ciclismo, independentemente do largo que sexa o traxecto.
  • Circular pola dereita, na mesma dirección que o tráfico de coches.
  • Usar sinais apropiadas.
  • Respetar os semáforos.
  • Coñecer as regras de circulación en carretera

Se va camiñando:
  • Asegurarse de que o neno vai por unha ruta segura e de que coñece as normas de seguridade para desplazarse pola vía pública.
  • Antes de que vaia solo á escola hai que coñecer se o neno ten unha idade apropiada para realizar un traxecto sen ir acompañado por un adulto.

Despois do colexio

Trala saída do colexio os nenos necesitan supervisión. Un adulto responsable debe estar dispoñible para cando regresen á casa. Se esto non é posible, deben ser supervisados a distancia. Os nenos deben ter un horario establecido no que se espera que cheguen á casa e avisen aos pais de que xa chegaron.
Moitos nenos realizan actividades trala escola. É convinte que as actividades sexan apropiadas para cada idade, que non impidan que o neno teña tempo de descanso e xogo libre, e que non se convirtan nunha obligación máis do día a día.
Unha oportunidade para que os nenos se relaxen, se relacionen con outros nenos e fagan exercicio físico, é deixalos xogar ao aire libre nalgún lugar seguro antes de volver á casa.
Fonte: AEP Asociación Española de Pediatría

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA