COEDUCAMOS 2014






“IGUAIS OU DIFERENTES” . OBRADOIRO DE COEDUCACIÓN DESTINADO ÁS/ÓS ALUMNAS/OS DE INFANTIL.

Cando falamos de aprendizaxe entendémolo no seu sentido máis amplo; é dicir, cando o ser humano aprende apréndeo todo, o explícito e o implícito. Xogando apréndese, pero aprender non é educar. A educación é un proceso dirixido intencionalmente, no cal facilítase a adquisición de determinadas habilidades e non doutras.  Desde esta perspectiva, entendemos a utilidade de dispoñer de situacións de aprendizaxe baseadas no xogo a partir das cales nenas e nenos van adquirindo habilidades positivas e valores  que contribúan a mellorar o seu desenvolvemento persoal.

CEIP BANDEIRA
SESIÓN PRIMEIRA  XOVES 20 DE NOVEMBRO  9:30- 11:00
“O XOGO NO DESENVOLVEMENTO INFANTIL”
“AS RELACIÓNS SOCIAIS NOS XOGOS. XOGANDO XUNTOS APRENDEMOS”
Illa Bufarda
SESIÓN SEGUNDA  XOVES 13 DE NOVEMBRO  9:30- 11:00
“TRANSMISIÓN DE ESTEREOTIPOS NA SOCIEDADE. PUBLICIDADE E CONSUMO DE XOGUETES”
Illa Bufarda

“ELIXE”. OBRADOIRO SOBRE ORIENTACIÓN ACADÉMICO VOCACIONAL PARA UNHA TOMA DE DECISIÓNS NON DESCRIMINATORIA, DESTINADO A ALUMNAS/OS DA ESO.

Obxectivos
-Garantir a igualdade de oportunidades para as alumnas e alumnos no acceso a todas as formas de ensino e a todos os tipos de formación, co fin de facer posible que todas as persoas desenvolvan as súas aptitudes e actitudes.
-Axudar ás alumnas e alumnos a elixir, sendo conscientes da imposición dos valores sexistas, o tipo de estudos, carreiras ou emprego que mellor se adapta ás súas aptitudes e personalidade, compensando as carencias do proceso de socialización en ambos sexos. 
-Ampliar o coñecemento das novas opcións ocupacionais para ambos sexos e a importancia da procura de novos referentes profesionais.

COLEXIO MARÍA INMACULADA
SESIÓN PRIMEIRA. MÉRCORES 5 DE NOVEMBRO   15:00-16:40
AUTOCOÑECEMENTO: QUÉROME?
Consuelo Cajide Labandeira. Psicóloga  e Directora CIM Teo.
SESIÓN SEGUNDA. MÉRCORES 12 DE NOVEMBRO   15:00-16:40
ORIENTACIÓN ACADÉMICO VOCACIONAL PARA UNHA TOMA DE DECISIÓNS NON DESCRIMINATORIA
Consuelo Cajide Labandeira. Psicóloga e Directora CIM Teo.

“DESIGUALDADE REAL, DESIGUALDADE VIRTUAL”. OBRADOIRO SOBRE DESIGUALDADE DE XÉNERO E SEXISMO NAS REDES SOCIAIS, DESTINADO ÁS/ÓS ALUMNAS/OS DA ESO.

Obxectivos
-Analizar os significados que teñen as redes sociais como instrumento de comunicación e relación, así como os usos que delas fai a mocidade.
-Afondar na comprensión desde unha perspectiva de xénero, da relevancia persoal que supoñen as redes sociais para as mozas e os mozos, de acordo a súa idade, así como os riscos, consecuencias ou agresións a que se enfrontan nas mesmas.
-Analizar os contidos que se comparten nas redes sociais (fotografías, comentarios, artigos) e o significado que se lles da a través da variable de sexo.
-Detectar as desigualdades de xénero que están presentes nas redes sociais así como as percepcións que as mozas e mozos teñen de aquelas.
-Debatir as dificultades e beneficios que supón o uso das redes sociais para mozas e mozos.

IES PINTOR COLMEIRO
SESIÓN PRIMEIRA. XOVES 6 DE NOVEMBRO   12:50 a 14:30
ENREDANDO ALUMN@S
Paula Sánchez. Psicóloga  e Terapeuta familiar.

SESIÓN SEGUNDA. VENRES 7 DE NOVEMBRO   12:50 a 14:30
CIBERACOSO
Paula  Sánchez. Psicóloga e Terapeuta familiar.

“OS SABERES DIARIOS”. 
CORRESPONSABILIDADE.OBRADOIRO DE COCIÑA E TAREFAS DOMÉSTICAS PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES.














Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA