OS SABERES DIARIOS 2014
OS SABERES DIARIOS.
CORRESPONSABILIDADE
OBRADOIRO DE COCIÑA
PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES
Dentro
do PROGRAMA “COEDUCAMOS”, promovido pola
Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Silleda, coa
finalidade de afianzar no ensino e na familia os valores e prácticas
coeducativas, chega de novo “OS SABERES DIARIOS”.
OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES.
Romper cos
roles asignados a mulleres e homes pola sociedade, sensibilizar pola educación
en igualdade, fomentar a idea de que as tarefas domésticas no son cousa de
mulleres senón de persoas, mellorar a calidade nutricional de nenas e nenos a
través da educación e conciencialas sobre a importancia de adquirir hábitos
saudables, constitúen o obxectivo desta actuación.
A
nosa proposta consiste en sensibilizar a
nenas e nenos, mozas e mozos cara aos
alimentos e nosa cultura gastronómica. As/os animaremos a tocar, mirar,
desmenuzar e probra sen trabas. Atoparán diversos intereses no que facemos
porque todo resultarálles completamente familiar.
As/os
máis pequenas/os descubrirán o que comen e realizarán todo o proceso da receita,
coa orientación das/os monitoras/es, escoitarán historias sobre a orixe dos
alimentos, probarán produtos.. ..Cada unha/un levará a súa casa o que realizou
así, esta vez, os proxenitores comerán o que elas/eles cociñaron. As/os
adolescentes empezarán a ser independentes na cociña porque é unha necesidade
OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS E NENOS
IDADE Nenas e nenos de 4 a 11 anos
PRAZO DE INSCRICIÓN Dende o 20
ata o 24 de outubro
LUGAR DE INSCRICIÓN CIM SILLEDA.
Chousa Nova, 67
TELÉFONO 986592037
GRATUITO
OBRADOIRO DE COCIÑA PARA ADOLESCENTES
IDADE Mozas e mozos de 12 a 17 anos
PRAZO DE INSCRICIÓN Dende o 20
ata o 24 de outubro
LUGAR DE INSCRICIÓN CIM SILLEDA.
Chousa Nova, 67
TELÉFONO 986592037
GRATUITO
Actividade subvencionada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social
Europeo
Comentarios