PROXECTO EMPRENDEDORAS GALICIA
No actual contexto económico do noso país é fundamental apoiar as iniciativas emprendedoras. A estratexia Europa 2020 recoñece a importancia capital do emprendemento e o traballo por conta propia para lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador, e fai especial fincapé na necesidade de apoiar as iniciativas emprendedoras e o traballo autónomo como peza chave na saída da crise.
Con este proxecto preténdese apoiar as emprendedoras e pemes galegas a través de consultorías individualizadas e presenciais da man dos mellores expertos.
Ademais, para seguir apoyando a mellora da súa competitividade a través da tecnoloxía, desenvolverase unha plataforma de comercialización en liña que servirá como punto de encontro entre emprendedoras galegas e a través da cal poderán crecer e consolidar os seus proxectos dunha maneira áxil, creativa e colaborativa e poderán comercializar os seus produtos.
Máis de 100 emprendedoras poderá mellorar o seu negocio
De forma gratuíta, as emprendedoras que queiran participar neste proxecto poderán mellorar o seu plan de negocio, a súa comercialización, o uso das tecnoloxías da información e redes sociais, a diferenciación dos seus produtos, etc.
Queres participar?
Se es muller emprendedora/empresaria/autónoma de Galicia, preferentemente autónoma ou micropeme (inferior a 10 traballadoras), estás dada de alta nalgunha actividade económica e desexas mellorar o teu negocio incrementando a venda, a innovación, os teus produtos e servizos, esta é a túa oportunidade.
Información e inscricións en emprendedorasgalicia@eoi.es
Como funciona?
Debes presentar a documentación solicitada. Unha vez comprobada a documentación entregada e se resultaches beneficiaria, EOI poñerase en contacto contigo para iniciar o servizo e asignarache un experto que te acompañará de forma presencial na consolidación da túa empresa.
Servizos gratuítos
Programa cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Xunta de Galicia.
Comentarios