MIL BARCOS POR UN SOÑO, MIL BARCOS POLA PAZ






MIL BARCOS POR UN SOÑO, MIL BARCOS POLA PAZ.
   Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se constrúes mil grúas de papel. A consigna de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas vítimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.

   Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando a pequena Sadako estaba no hospital recuperándose da súa enfermidade, unha amiga explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel, cumprirase ese desexo que tanto anhelas.
   É así como Sadako desexou curarse da súa terrible enfermidade e para iso propúxose construír por si mesma 1.000 grúas de papel, aínda que non logrou acadalo porque faleceu moito antes de poder rematalas todas. Cando morreu só conseguira pregar 644 e , simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e se conseguise a paz entre todos os países do mundo.
   Desde o noso colexio, para conmemorar o Día da Paz (30 xaneiro), decidimos cambiar as mil grúas por barcos de papel, pero cun mesmo obxectivo, A PAZ NO MUNDO. Nesta nosa travesía gustaríanos contar con vós, para converter o noso patio, nun mar de barcos de cores, navegando cara a PAZ. Para iso podes elaborar o teu propio barco de papel no que apareza o teu nome e apelidos  a babor, e  o teu desexo para este día a estribor, facéndonolo chegar.
   Non sabemos se con estes mil barcos, lograremos acabar coa violencia xa! O que si  sabemos é  que vale a pena…
Navegar por un  SOÑO… un SOÑO de PAZ!
Alumnos de 5º e 6º de Primaria

Comentarios

Unknown ha dicho que…
Bonita iniciativa.

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS