ELAS EN MAIO




Bailarinas do Ballet de San Petersburgo nun descanso do ensaio xeral de “Giselle” en Johannesburgo.





 Unha visitante camiña entre as paredes da obra “Occupations/Discoveries” do artista brasileiro Antonio Manuel exposta no pavillón de Brasil da Bienal de Venecia (Italia).  





 Unha muller suxeta ao seu fillo nun campo de refuxiados tralo terremoto en Katmandú (Nepal). Polo menos tres tremores dunha magnitude de ata cinco nunha escala Richter sacudiron a primeira hora a zona máis afectada polo terremoto de magnitude 7,9 que sacudiu o país o 25 de abril, deixando máis de 7.800 mortos e casi 16.500 feridos.





 A artista alemá Barbara Niklas da o toque final á funda que teceu para cubrir o carro de combate Leopard 1 en Augsburgo, Alemaña. A instalación forma parte dunha exposición que abrirá fronte ao Museo Textil e Industrial o próximo 22 de maio.





 Nais cos seus bebés recén nacidos no hospital Fabella en Manila (Filipinas), onde se está a celebrar hoxe o día da nai.





Traballadores colocan a lona que presidirá a fachada do Palacio do Festival de Cannes na súa 68 edición. A actriz Ingrid Bergman é a protagonista do cartel oficial, que foi deseñado a partir dunha fotografía de David Seymour, cofundador da axencia Magnum.







 Hana, muller do preso palestino Tamer Al-Za´anin (no cartel), sostén ao seu fillo Al-Hassan, que naceu en xaneiro de 2014 despois de ser concebido co esperma do seu marido preso. Trátase da primeira vez que se leva a cabo con éxito un embarazo co esperma dun preso, conseguido de contrabando en Beit Hanoun, no norte da Franxa de Gaza.




A actriz Lupita Nyong'o posa para os fotógrafos á súa chegada á ceremonia de apertura do 68 Festival de Cannes, Francia.




Unha xoven refuxiada da etnia musulmá rohingya descansa no campamento temporal de Kuala Langsa, en Indonesia.




Unha refuxiada birmana da etnia rohingya nun autobús que a trasladará a un campo de refuxiados en Lhoksukou, Indonesia.




As auxiliares de voo da aerolínea Cathay Pacific protestan polos salarios e as condicións de traballo, no aeroporto de Hong Kong, China.




Estudantes practican uns exercicios de ximnasia na escola de deporte en Liaxing (China). Xóvenes ximnastas entre 6 e 11 anos entrenan todos os días dende polo menos 5 horas.





 Inmigrantes afganas chegan á Praia da illa grega de Cos despois de cruzar o mar Egeo dende Turquía. A Comisión Europea pediu a España que acolla un total de 5.837 refuxiados durante os vindeiros dous anos co fin de reducir a presión sobre Italia e Grecia, os países máis afectados pola crise migratoria no Mediterráneo.




Unha anciá camiña entre os carteis publicitarios dunha tenda en Bucarest (Romanía). A pensión media en Romanía é duns 190 euros, mentras que unha cuarta parte dos cinco millóns de pensionistas do país reciben menos de 112 euros.




A candidata de Podemos para o Concello de Madrid, Manuela Carmena, no exterior dos cines Palafox en Madrid, onde saudou aos asistentes ao seu mítin que non puideron acceder á sala por aforo completo.




Unha víctima do terremoto de Nepal corta a madeira dos escombros da súa casa na aldea de Barpak, no distrito de Ghorka. O primeiro ministro do Nepal, Sushil Koirala, prometeu que non se tolerarán irregularidades no reparto da axuda humanitaria que fixeron chegar ao país os donantes para axudar ás víctimas dos terremotos, que ata o momento deixou xa máis de 8.600 mortos e casi 17.000 feridos.




As candidatas do PP ao Concello e a Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes.




Nen@s refuxiados da etnia Rohingya nun campamento para inmigrantes na provincia de Aceh, Indonesia.



A candidata ao concello de Madrid, Manuela Carmena (segunda pola dereita), nun dos vagóns do metro de Madrid. Carmena obtivo o 31,8% dos votos nas eleccións municipais celebradas o domingo en Madrid e, con 20 concelleiros, poderá ser alcaldesa se logra o respaldo do socialista Antonio Miguel Carmona (13.3% e 9 edís).


Unha noiva prepárase para realizar as súas fotos de voda nun parque de Dublín (Irlanda). Pouco máis de tres millóns de cidadáns irlandeses con dereito a voto están chamadas  ás urnas pra decidir se aceptan que un matrimonio pode ser contraído de acordo coa lei por dúas persoas sen facer distinción de sexo.


Unha muller berra durante unha protesta contra o presidente Pierre Nkurunziza en Bujumbura (Burundi). Líderes do este africano manterán unha cumbre especial para abordar a crise en Burundi, onde continúan os choques entre a Policía e manifestantes, e a oposición boicoteou encontros de paz.


A tenista croata Mirjana Lucic-Baroni celebra a súa vitoria contra a tenista romanesa Simona Halep durante unha das rondas do Roland Garrós celebrado en París (Francia).

Unha nena xoga cos chorros dunha fonte na cidade de Jerusalén (Israel). Unha ola de calor sacude Israel con temperaturas que alcanzan os 45 grados.


Ada Colau visita a sede do Mobile World Centre na Praza Catalunya de Barcelona para apoiar aos técnicos de Movistar que están en folga dende o pasado sábado.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA