O VALEDOR DO POBO E O IGVS INTERCAMBIARÁN INFORMACIÓN SOBRE AFECTADOS POR EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS

O VALEDOR DO POBO E O INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO INTERCAMBIARÁN INFORMACIÓN SOBRE AFECTADOS POR EXECUCIÓNS HIPOTECARIAS

O valedor do pobo, José Julio Fernández, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Ethel Vázquez Murelle, asinaron o 28 de Maio de 2015 na sede do defensor un convenio de colaboración en relación ás persoas afectadas na nosa comunidade por execucións hipotecarias. En virtude do mesmo, comprométense a crear un marco de intercambio rápido e áxil de información coa finalidade de mellorar a atención ás familias afectadas por este problema a consecuencia de impagos de créditos ou préstamos garantidos con hipoteca e dar unha resposta áxil á súa situación. Coa medida aspírase a mellorar tamén a información outorgada aos afectados en relación á protección dos seus dereitos.

Para materializar estes propósitos, o Valedor do Pobo procederá a dar traslado, preferentemente por medios electrónicos, de toda a información correspondente a queixas ou consultas recibidas nesta materia, aos efectos de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) valore se cumpren os requisitos para que as familias poidan acollerse ao Programa de Realoxo de Colectivos Afectaos por Execucións Hipotecarias. No seu defecto, buscarase orientación para que poidan acollerse a outras actuacións ou medidas desenvolvidas pola administración.

O IGVS, pola súa banda, contactará coas persoas afectadas para informarlles do referido programa e verificar se cumpren ou non os requisitos e, no seu caso, sobre a posibilidade de acollerse a esas alternativas. No suposto de que cumpran requisitos, o IGVS ofertaralle unha vivenda nas condicións do programa de realoxo, xa sexa a través dunha vivenda de promoción pública ou a través do programa Aluga, na mesma localidade ou en localidades próximas, en función das vivendas dispoñibles.

Unha vez finalizadas as anteriores xestións, o IGVS trasladará ao Valedor do Pobo o correspondente informe, coas actuacións realizadas ao respecto. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA