PROTOCOLO DE DERIVACIÓN ENTRE AS CCAA PARA COORDINACIÓN DAS SÚAS REDES DE CENTROS DE ACOLLIDA

RESOLUCIÓN DO 21 DE MAIO DE 2015, DA DIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E PARLAMENTARIAS, POLA QUE SE ORDENA A PUBLICACIÓN DO ACORDO DO 21 DE XULLO DE 2014, DA CONFERENCIA SECTORIAL DE IGUALDADE, POLO QUE SE APROBA O PROTOCOLO DE DERIVACIÓN ENTRE COMUNIDADES AUTÓNOMAS PARA A COORDINACIÓN DAS SÚAS REDES DE CENTROS DE ACOLLIDA PARA AS MULLERES VÍCTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO E OS SEUS FILLOS E FILLAS.


As necesidades de protección e seguranza da muller comportan en ocasións a necesidade de afastarse do seu agresor e comezar a recuperación fóra do ámbito da comunidade autónoma de residencia.  

Para facilitar o traslado e unha mellor colaboración e coordinación entre as distintas comunidades autónomas, o Protocolo fixa os seguintes obxectivos:
- A coordinación das redes dos recursos de acollida.
- A determinación das causas que motivan a derivación dunha usuaria a un centro doutra comunidade autónoma.
- O establecemento dunha listaxe común da documentación esixible para tramitar o ingreso nos centros de acollida.
- O desenvolvemento dun modelo de comunicación directa entre os organismos competentes.
- A fixación dus criterios comúns sobre a asunción dos gastos de traslado ou outros producidos como consecuencia das xestións derivadas da súa situación.


Para que efectivamente se produza o traslado, terase que acreditar pola comunidade autónoma de orixe a condición de víctima de violencia de xénero nos termos que a Lei 1/2004 establece. Tamén deberá a comunidade autónoma de orixe valorar as circunstancias para comprobar que se dan os motivos que fan oportuno o traslado. Estos motivos serán a seguridade da muller e/ou dos menores ao seu cargo e a recuperación social a medio ou longo prazo.

É obriga da comunidade autónoma de orixe proporcionar á muller a información sobre as características do centro, o seu regulamento interno e os dereitos e as obrigas que asume co traslado.

No caso de que o traslado fose denegado as causas deberán estar oportunamente motivadas. Estas causas serán:
- Falta de prazas.
- Non reunir os requisitos para considerar á usuaria víctima de violencia de xénero.
- Ter sentencia firme que acorde un réxime de visitas cando o traslado supoña un obstáculo para o seu cumprimento.
- Valoración técina motivada.

No caso de ser admitido o traslado, será organizado de común acordo pola comunidade de orixe e a de destino. Esta última encargarase de facer un seguimento da situación da muller e da súa evolución. No caso de que a muller non se adapte á normativa de funcionamento interno do centro ao cal foi derivada ou a incumpre, a comunidade de acollida derivará o caso de novo á comunidade de orixe.


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA