HOMENAXE Á MULLER CIENTÍFICA




Ilustración de Marie Curie, a primeira profesora que deu clases na Sorbona ante un público repleto non só de estudantes, expectante e curioso por tratarse dunha muller. Rachel Ignotofsky

PROXECTO 'WOMEN IN SCIENCE'

Rememorar e facer visibles os logros de todas esas mulleres que fixeron tanto pola historia, pola ciencia, por nós, e que na maioría dos casos foron marxinadas e para nada recoñecidas. Así é a serie 'Women in Science', da ilustradora Rachel Ignotofsky: unha necesaria e preciosa homenaxe á muller científica, investigadora, e cómo non, loitadora.

 Se nos preguntaran por unha muller científica que cambiara cos seus estudos e os seus descubrimentos a investigación e a historia, posiblemente casi todos contestaríamos á primeira o nome da primeira persoa que recibiu un Nobel en dúas disciplinas diferentes. A primeira profesora que deu clases na Sorbona ante un público repleto non só de estudantes, senon expectante e curioso polo cambio que se aveciñaba. Todo esto por ser muller, por ser Marie Curie.


Quizais outro porcentaxe respondería cos nomes de Jane Goodall e Rosalind Franklin. A primeira é mundialmente coñecida pola sua labor como etóloga e investigadora, sendo a autora duns dos estudos de campo máis extensos sobre animales e liberdade, que revolucionou por completo á comunidade científica e que cambiou a nosa forma de ver aos chimpancés.



Ilustración de Jane Goodall.

  A segunda, Rosalind Franklin, non tivo tanta sorte. Descubriu a estructura do ADN e os seus traballos fixeron dar pasos de xigante aos científicos en xenética e en viroloxía. O mérito levárono os outros, e todo o seu traballo foi pasado polo alto por unha sola razón: ser muller.

Ilustración de Rosalind Franklin.
 
 Entre os amantes do espazo é de sobra coñecida, pero… Cántos de nós estudiamos e sabemos quén é a primeira muller que viaxou ao espazo exterior? E a xeóloga que descubriu entre outros, ao ictiosaurio e fixo tremar os coñecementos que había sobre a vida prehistórica? E cantos saberíamos dicir con seguridade quén foi a primeira muller afroamericana da historia que conseguiu unha patente médica, inventora tamén do láser que elimina a enfermidade das cataratas? Valentina Tereshkova foi a gaivota que realizou 48 órbitas arredor da Terra.
Ilustración de Valentina Tereshkova.
 
Ainda que foi discriminada polo seu xénero e pola sua clase social, a Mary Anning non lle daba ningún medo escalar calquera acantilado. Tampouco se atemorizaba cos continuos deslizamentos de terra con tal de buscar coprolitos, fósiles de peixes e esqueletos de dinosaurios.

Ilustración de Mary Anning.
 
E para a oftalmóloga e voluntaria Patricia Bath, a vista é un dereito humán básico.

Ilustración de Patricia Bath.
 
A bioloxía e a anatomía humana sempre foron as asignaturas favoritas de Rachel Ignotofsky, e como escribe na sua páxina, con 'Women in Science' pretende celebrar os avances de todas estas mulleres científicas coa esperanza de facer xerminar a curiosidade e a admiración sobre a ciencia, sobre todo, entre as rapazas máis novas. Ainda que non estén todas e falten nomes e sucesos que rememorar, ao fin se empeza a recoñecer e falar sobre todas estas mulleres que adicaron a sua vida á investigación, que marcaron un antes e un despois no estudio científico, que loitaron polo que crían ainda que moitos tentaran deixalas na sombra e dalas de lado. Unha bonita e moi necesaria homenaxe a estas grandes mulleres que cambiaron a historia e a ciencia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA