I CONCURSO COMUNICAR EN IGUALDADE. RESOLUCIÓN DO 27 DE XULLO DE 2015, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE


RESOLUCIÓN DO 27 DE XULLO DE 2015, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO I CONCURSO COMUNICAR EN IGUALDADE E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2015

Obxecto e finalidade

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que rexerán a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do I Concurso Comunicar en Igualdade. Así mesmo, por medio desta resolución convócase o dito concurso para o ano 2015.
Os premios do I Concurso Comunicar en Igualdade teñen como finalidade recoñecer e recompensar os traballos xornalísticos que contribuísen á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como a loita contra a violencia de xénero.
Trátase de premiar as boas prácticas xornalísticas respecto dun tratamento axeitado de asuntos de cobertura informativa diaria como poden ser o sexismo na publicidade, outros modelos de masculinidade, a violencia machista, a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, a violencia de xénero en colectivos especialmente vulnerables, a situación da muller nos diferentes ámbitos, así como os temas relacionados en xeral coa perspectiva de xénero e coa desigualdade por razón de xénero.

Modalidades

a) Premio para profesionais do xornalismo.

Nesta categoría outorgarase un premio ao mellor traballo informativo ou serie de pezas publicadas, individual ou colectivamente, baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e de sensibilización e axeitado tratamento informativo sobre a igualdade de xénero ou sobre o fenómeno da violencia de xénero.
Os traballos, orixinais e en idioma galego, poderán ser de tipo impreso, dixital ou audiovisual e deberán ter sido publicados ou emitidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014 nalgún medio de comunicación (xornais, radios, televisión ou páxinas web) con influencia no ámbito galego.
O premio terá unha dotación económica de dous mil euros.
 
b) Premio para o alumnado universitario.    

Nesta categoría poderá participar calquera alumna ou alumno con matrículas nas facultades galegas de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Publicidade e Relacións Públicas no ano 2014.
O premio outorgarase ao mellor traballo baseado en criterios de calidade, esforzo investigador e axeitado tratamento desde a perspectiva de xénero. Os traballos, en idioma galego, poderán ser tipo impreso, dixital ou audiovisual e aínda que non é a condición indispensable que os orixinais fosen publicados previamente, o xurado valorará esta circunstancia.
O premio terá unha dotación económica de mil euros. Nesta cantidade efectuaranse as retencións que, de ser o caso, correspondan de acordo coa normativa tributaria aplicable.  

Prazo de presentación

Rematará o 30 de setembro de 2015. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA