PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2015

  
 
 
 
ORDE DO 7 DE XULLO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2015.
  
  OBXECTO
Fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2015 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

  PERSOAS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade. 
2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda ou terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

ÁMBITO TEMPORAL

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen dende o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.

CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

CONTÍA DOS INCENTIVOS 

1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:
i. Primeira persoa traballadora indefinida.
a) 4.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 € cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que
sexa parado de longa duración.
c) 5.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que
sexa parada de longa duración.
ii. Segunda e terceira persoa traballadora indefinida.
a) 5.000 € cando se trate dun home desempregado.
b) 6.000 € cando se dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa
parado de longa duración.
c) 6.000 € cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 € cando se trata dunha dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de
idade que sexa parada de longa duración.
2. Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías
dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada
a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da
xornada ordinaria máxima legal.


PRAZO DE PRESENTACIÓN

As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2014 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo dun mes contado desde a data de publicación desta orde (ata o 17 de agosto).

o prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2015. 









Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA