CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS DESEMPREGADAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL. 2015


ORDE DO 29 DE XULLO DE 2015 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS DESEMPREGADAS EN SITUACIÓN OU RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2015.

DEFINICIÓNS

Para os efectos da presente orde, entenderase por:

1. Persoa en situación ou risco de exclusión social: as persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia ou membros da súa unnidade de convivencia ou as persoas que teñan o certificado emitido polos servizos sociais acreditativo da dita situación social, tras a verificación da ausencia ou déficit grave de recursos económicos e a situación de desemprego, así como a concorrencia dalgún dos factores de exclusión social recollidos no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia:

a) Estar nunha situación de cargas familiares non compartidas.
b) Ser unha persoa vítima de violencia doméstica.
c) Estar en proceso de rehabilitación social, como resultado dun programa de deshabituación de substancias adictivas ou de calquera outra adicción que produza efectos persoais e sociais de natureza semellante.
d) Ter a condición de muller vítima de violencia de xénero.
e) Ter unha discapacidade valorada superior ao 33%.
f) Ser inmigrante ou emigrante retornado.
g) Proceder de institucións de protección ou reeducación de menores.
h) Proceder de cumprimento de pena nunha institución penitenciaria.
i) Ser unha persoa sen fogar ou habitar nunha infravivenda.
j) Pertencer a unha minoría étnica.
k) Estar en proceso de abandono do exercicio da prostitución ou ser vítima de explotación sexual-laboral en redes de prostitución ou de trata de persoas.
l) Ter a condición de persoa transexual ou estar en proceso de reasignación sexual.
m) Calquera outro factor non previsto expresamente la Lei 10/2013, sempre que, ponderado polos servizos sociais comunitarios no contexto persoal, familiar e social da persoa, condicione negativa e gravemente a súa inclusión social e laboral.

2. Persoa desempregada: aquela que estea inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da súa contratación e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

3. Custo salarial: importe mensual que lle vai supoñer á empresa a persoa traballadora contratada pola que se solicita subvención. Nel están incluidos, única e exclusivamente, o salario bruto e os custos sociais a cargo da empresa.  

ENTIDADES BENEFICIARIAS 

Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras e traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na CA de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

PRAZO PARA A  PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Rematará o 30 de setembro de 2015

ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables as contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015 formlizadas con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social antes mencionados.

REQUISITOS

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácetr temporal, a tempo completo ou a tempo parcial, agás o contrato temporal para a formación e apreendizaxe, que se realicen con persoas desempregadas pertencentes algún dos colectivos relacionados.

O contrato temporal deberá ter unha duración mínima de seis meses.

CONTÍA DOS INCENTIVOS

Duración do contrato                                                         Contía
6 meses                                                                                2.500 euros
7 meses                                                                                2.900 euros
8 meses                                                                                3.300 euros
9 meses                                                                                3.700 euros
10 meses                                                                              4.100 euros
11 meses                                                                              4.550 euros
12 meses                                                                              5.000 euros 
       

   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA