CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR. PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2015






ORDE DO 12 DE AGOSTO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO,COFINANCIADO POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2015

FINALIDADE

Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

PERSOAS BENEFICIARIAS  

As persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumprindo as condicións establecidas, reúnan os seguintes requisitos:

-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
-Non estar inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
-Non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
-Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, siempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.  

SUBVENCIÓN PARA INICIATIVAS DE AUTOEMPREGO XUVENIL

Co obxecto de axudar as persoas mozas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora e así, polo tanto, facilitarlle durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselle unha subvención a fondo perdido as persoas que soliciten a alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade profesional, desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.

A contía desta subvención será de 1.200 euros. 

É requisito para optar a esta axuda:

a) Ter menos de 30 anos de idade na data da solicitude da axuda.
b) Ter solicitado a alta como persoa traballadora autónoma no correspondente réxime da seguridade social ou mutualidade profesional, con anterioridade a presentación da solicitude de axuda.

SUBVENCIÓN POLO ESTABLECEMENTO COMO PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA POR CONTA PROPIA 

Sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o IVE ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes.

As contías desta subvención serán as seguintes:
  • 5.000 euros persoas desempregadas en xeral.
  • 8.000 euros desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
  • 10.000 euros muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social. 
DOG 19 agosto 2015 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA