CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. ORDE DE 12 DE AGOSTO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS MOZAS  INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

OBXECTO

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2015 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través dos seguintes programas:

a) Programa de incentivos á contratación indefinida inicial das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación.  
b) Programa de incentivos á contratación temporal das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.


ENTIDADES BENEFICIARIAS

Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa  a forma xurídica que adopten, incluidas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na CA de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACIÓN. ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN E CONTRATACIÓNS SUBVENCIONABLES.

Rematará o 30 de setembro de 2015.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefenidas realizadas desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo-descontinuo, que realicen as empresas e as entidades empregadoras con persoas mozas desempregadas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.

REQUISITOS

  • A persoa moza pola que se solicita a subvención debe estar inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, estar desempregada na data da súa contratación indefinida e non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data da contratación.
  • Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
  • Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto ao mes anterior ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención. 
  • A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.
  • As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.

CONTÍA DOS INCENTIVOS

 As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase en 600 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller, persoa discapacitada o unha persoa en que concorra algún dos factores de exclusión social.

No caso de que a contratación sexa realizada para prestar servizos en empresas pertencentes a sectores estratéxicos, a contía do incentivo será de 8.200 euros.
DOG 20 agosto 2015

  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS