CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR. PROGRAMA DE INCENTIVOS AO AUTOEMPREGO COLECTIVO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. 2015


ORDE DO 18 DE AGOSTO DE 2015 DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DOS PROGRAMAS DE INCENTIVOS AO AUTOEMPREGO COLECTIVO DAS PERSOAS MOZAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. 2015.

OBXECTO E FINALIDADE

Proceder á convocatoria para o ano 2015 das subvencións para o fomento do autoemprego en cooperativas e sociedades laborais da mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Establécense os seguintes programas de subvencións:

a) I: programa de incorporación a cooperativas e sociedades laborais.
b) II: programa de fomento do emprendemento.

BENEFICIARIAS

a) As sociedades cooperativas galegas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I.
b) Os mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para as actuacións previstas no programa II..

PRAZO    

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2015.

I. PROGRAMA DE INCORPORACIÓN A COOPERATIVAS E SOCIEDADES LABORAIS.

Finalidade

Impulsar o autoemprego colectivo no marco dos programas de garantía xuvenil, fomentando a incorporación de mozas e mozos, como socios e socias traballadoras ou de traballo de cooperativas ou sociedades laborais, así como apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación de cooperativas e sociedades laborais nos cales participen, mediante a concesión de incentivos e subvencións para o financiamento de determinados custos derivados do lanzamento da actividade.

Beneficiarias

Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as sociedades cooperativas galegas inscritas no Rexistro de Cooperativas de Galicia e as sociedades laborais inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais dependente da Xunta de Galicia e no Rexistro Mercantil que incorporen mozos ou mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil  como persoas socias traballadoras ou de traballo.

Subvencións para incorporación

a) Pola  incorporación como socios e socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido: 12.000 euros por mozo ou moza incorporada, ata un máximo de 48.000 euros por entidade beneficiaria. Se a cooperativa ou sociedade laboral é de nova creación, a contía da subvención por persoa incorporada será de 15.000 euros, ata un máximo de 60.000 euros por entidade beneficiaria.
b) Pola incorporación como socios e socias traballadores ou de traballo a proba: 600 euros ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses, por mozo ou moza incorporada a ata un máximo de 14.400 euros por entidade beneficiaria. 

Subvención para microcréditos

As cooperativas e sociedades laborais de nova creación que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido, a mozas e mozos integrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia poderán acceder a unha subvención para custos de estudo e formalización de microcréditos bancarios ata o 100% do seu custo, cun máximo de 2.000 euros por mozo ou moza incorporada e de 6.000 euros por entidade beneficiaria.

II. PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO

Finalidade

Fomentar o emprendemento colectivo xuvenil, mediante a concesión de subvencións aos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Mediante estas subvencións facilitarase o acceso da xuventude á condición de persoas socias de cooperativas impulsando a posta en marcha da actividade emprendedora por conta propia.      
  
Beneficiarias

Poderán acollerse ás subvencións previstas neste programa as mozas e mozos sociedades inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen.

 Subvencións para acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas

3.000 euros por persoa beneficiaria.

Subvención para microcréditos

Subvención para  custos de estudo e formalización dfe microcréditos bancarios ata o 100% do seu custo, cun máximo de 2.000 euros por solicitude.
DOG Núm. 163 
Xoves, 27 de agosto de 2015 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS