AMA. AS MERGULLADORAS DO XAPÓN


 

Ama, así se chaman (ou case que poderíamos dicir, chamábanse) as mergulladoras xaponesas que, dende fai máis de 2000 anos, se sumerxen nas frías augas do Pacífico pra recoller ostras, caracois e tamén algas.


E por que mulleres e ademáis case espidas? Que sexan mulleres débese á diferente distribución da graxa baixo a pel que lles permite aguantar mellor a auga fría que aos homes.





Que o fixesen case espidas é sinxelo, fai só unhas décadas non existía roupa que permitise mergullar sen que fose un estorbo. Ademáis na cultura xaponesa, o espido é símbolo de conexión coa natureza. Ao rematar a 2ª Guerra Mundial, coa proliferación do turismo occidental, empezaron a usar algunhas roupas.






  En cada sesión de mergullo, facían ata 60 inmersións e de 2 a 3 sesións ao día, sempre de marzo a setembro. En algunhas pequenas vilas costeiras, moitas das rapazas se convertían en “Ama” ao rematar o colexio e chegaba a ser un traballo moi ben remunerado.





  Se se mergullaban preto da costa, ían nadando cunha cesta que quedaba aboiando mentras elas se sumerxían na busca de pequenos tesouros. 
 Tamén se axudaban de embarcacións pra chegar a outros lugares e capturar distintas especies axudándose de artes de pesca. 
 Unha vez remataban a sesión de mergullo, xuntábanse na praia arredor do lume a recuperar o calor corporal. 



 Hoxe apenas quedan unhas cuantas Ama de case 90 anos que seguen mergullándose, pero a profesión vai directa á extinción. A perigosidade da profesión e que xa non está tan ben remunerada coma antes, fai que as mozas prefiran buscar outras profesións.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA