ELAS EN AGOSTO




Imaxe da nadadora húngara Katinka Hosszu tomada cunha cámara submarina, durante a eliminatoria de 200 metros libres no Campionato Mundial de Natación, en Razán.
Francois Xavier Marit (AFP)

 

A alemá Anna Natascha Bader, durante o seu exercicio na categoría de salto dende 20 metros feminino, no Campeonato Mundial de Natación de Kazán, Rusia
Hannibal Haschke (Reuters)


Retrato dunhas nenas que xogan nunha escola refuxio en Saná, a capital  de Yemen. O conflicto que vive o seu país obrigounas a abandoar  o seu fogar na provincia norteña de Saba, controlada polo movemento rebelde.
Rhalea Abdullah (Reuters)



                              Unha rapaza cun flotador refréscase nun parque acuático de Shangai


A asociación "Ve-la Luz" organizou un acto dentro da sua campaña ZAPATOS VERMELLOS contra a violencia machista, tralo suceso no que un home degolou ás suas fillas pra vingarse da súa ex muller en Moraña, Pontevedra.
 


No metro de Londres
Dylan Martínez (Reuters)


Homenaxe ás vítimas da bomba atómica ante a Cúpula da Bomba Atómica ou Cúpula Bengaku, na véspera da conmemoración do 70 aniversario do suceso, en Hisroshima, Xapón.


No Monumento do Holocausto na memoria aos xudíos vítimas do holocausto nazi, en Berlín, Alemaña.

 

Familiares das vítimas do voo MH 370 de Malaysia Airlines que desapareceu o 8 de marzo de 2015 esperan información na oficina  da compañía aérea en Pekín, tras coñecerse que os restos do avión aparecidos na illa de Reunión pertencen ao voo sinistrado.
Getty Images



Nenas e mulleres yemenís maniféstanse  contra a coalición militar liderada por Arabia Saudí, fronte ás oficinas das Nacións Unidas en Sanaá, Yemen.
Khaled Abdullah (Reuters)



Miles de desempregad@s esperan no exterior do Estadio Gelora Bung Karno para entrar nunha feira de traballo en Yakarta, Indonesia.
Reuters



Inmigrantes recién chegad@s a unha praia da illa grega de Kos miran os seus móviles despois de cruzar un bote inchable parte do mar Exeo entre Turquía e Grecia.
Angelos Tzortzinis (AFP)


Modelos no backstage antes do desfile de moda islámica durante a semana da Moda de Kuala Lumpur, Malasia.
Manan Vatsyayana (AFP)


Centos de bandeiras de Corea do Sur colgan das árbores do centro de Seúl para celebrar, o próximo 15 de agosto, o 70 aniversario do Día da Independencia.
Lee-Jin-Man



Escolares indi@s ensaian para a celebración do Día da Independencia na antiga fortaleza de Hyderabad, na India. O país conmemora a súa independencia do dominio colonial británico en 1947.
Mahesh Kumar


Candeas en homenaxe ás dúas xóvenes asesinadas en Cuenca fronte á casa onde vivía unha delas.
Julián Rojas


Un camión serve de transporte a un grupo de traballadoras en Naypytaw, Myanmar.
 


Familiares de Marina Okaruska esperan a chegada do féretro cos restos mortales da xoven asesinada en Cuenca. A igrexa de Santo Estevo acolleu o funeral.
Luis Sevillano.


Ambiente nunha praia de Quingdao, na provincia chinesa de Shandong.
China Stringer Network (Reuters)


Dúas inmigrantes abrázanse ao chegar a unha praia da illa grega de Lesvos despois de cruzar o mar Exeo que separa Turquía de Grecia.
Achilleas Zavalis (AFP)



Ela arranxa as súas rastas nun área de descanso do Rototom Sunsplash que, trala primeira fin de semana de música, debates e actividades, prepárase para recibir no seu escenario principal unha das actuacións máis esperadas da súa vixésimo segunda edición: a da banda estadounidense Major Lazor.
Domenech Castelló (EFE)


Dúas bailarinas durante a representación de "Leyend Lin Dance Theatre" do coreógrafo e director Li-chen Lin, no Teatro nacional de Taipéi (China).
Chiang-Ying-Ying (AP)


Unha muller dorme no chan de Nova Delhi (India).
Sajjad Hussain (AFP)


A presidenta brasileña, Dilma Rousseff, recibe á chanceler alemá, Ángela Merkel no palacio Planalto en Brasilia (Brasil).


Participantes durante a celebración da Tomatina en Buñuel, Valencia. Máis de 22.000 persoas tinguiron de vermello as rúas de Buñuel na tradicional "Tomatina", festa que celebra o seu 70 aniversario e que conta con fama internacional. Para celebrar esta efeméride, este ano batiuse o récord de tomate co lanzamento de 165.000 kilos de esta froita.
Alberto Saiz (AP).


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA