OS SABERES DIARIOS 2015



OS SABERES DIARIOS. CORRESPONSABILIDADE

OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES

Dentro do PROGRAMA  “COEDUCAMOS”, promovido pola Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Silleda, coa finalidade de afianzar no ensino e na familia os valores e prácticas coeducativas, chega de novo “OS SABERES DIARIOS”. OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS/OS E ADOLESCENTES.
Romper cos roles asignados a mulleres e homes pola sociedade, sensibilizar pola educación en igualdade, fomentar a idea de que as tarefas domésticas no son cousa de mulleres senón de persoas, mellorar a calidade nutricional de nenas e nenos a través da educación e conciencialas sobre a importancia de adquirir hábitos saudables, constitúen o obxectivo desta actuación.
A nosa  proposta consiste en sensibilizar a nenas e nenos, mozas e mozos  cara aos alimentos e nosa cultura gastronómica. As/os animaremos a tocar, mirar, desmenuzar e probra sen trabas. Atoparán diversos intereses no que facemos porque todo resultarálles completamente familiar.
As/os máis pequenas/os descubrirán o que comen e realizarán todo o proceso da receita, coa orientación das/os monitoras/es, escoitarán historias sobre a orixe dos alimentos, probarán produtos.. ..Cada unha/un levará a súa casa o que realizou así, esta vez, os proxenitores comerán o que elas/eles cociñaron. As/os adolescentes empezarán a ser independentes na cociña porque é unha necesidade.


OBRADOIRO DE COCIÑA PARA NENAS E NENOS

IDADE   Nenas e nenos de 4 a 11 anos
PRAZO DE INSCRICIÓN    Dende o 9 ata o 30 de setembro
LUGAR DE INSCRICIÓN    CIM SILLEDA. Chousa Nova, 67
TELÉFONO                           986592037
GRATUITO


OBRADOIRO DE COCIÑA PARA ADOLESCENTES

IDADE   Mozas e mozos  de 12 a 17 anos
PRAZO DE INSCRICIÓN    Dende o 9 ata o 30 de setembro
LUGAR DE INSCRICIÓN    CIM SILLEDA. Chousa Nova, 67
TELÉFONO                           986592037
GRATUITO

Actividade subvencionada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo
 


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA