BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL 2016. XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

  
CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA. ORDE DO 23 DE DECEMBRO DE 2015  POLA QUE SE MODIFICA A ORDE DO 7 DE AGOSTO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS O PROGRAMA DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHAVITA: PLAN GALEGO DE REHABILITACIÓN, ALUGUER E MELLORA DE ACCESO Á VIVENDA 2015-20120, E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016.

 Obxecto das bases reguladoras e réxime das subvencións




 As subvencións do programa do Bono de Alugueiro Social están destinadas a atender con carácter urxente ás seguintes unidades de convivencia:

a) Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda, por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desaufizamento por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza.

b) As vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude, se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración pública.

c) Aquelas unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda e que foron privados da súa vivenda habitual por daños sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundaciones, etc.


Persoas beneficiarias
 
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa as que cumpran os seguintes
requisitos:
 
a) Que teñan a residencia na Comunidade Autónoma de Galicia durante polo menos os
12 meses anteriores á data da solicitude da axuda.
b) Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamiento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia a constituir o seu domicilio habitual e permanente.
d) Que a renda do contrato de arrendamento que se subvenciona non supere os importes señalados na orde.
e) Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan inferiores a 1,5 veces o IPREM.
f) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional.
g) Que nin a persoa arrendataria nin ningún outro membro da unidade de convivencia tenga vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora. Así mesmo, que non exista vínculo de parentesco  por consanguinidade, adopción ou afinidade, ata o segundo grado, coa persoa arrendadora.

b) No caso de persoas afectadas pola interposición dunha demanda de desafiuzamento
por non pagamento das rendas ou por unha resolución xudicial de terminación dun procedemento da mesma natureza, deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados anteriormente, os seguintes:
 
1. Que o contrato de arrendamento que motivou o procedemento de desafiuzamento
teña unha duración non inferior a 12 meses.
2. Que entre a presentación da solicitude da axuda e a comunicación da interposición
da demanda ou da notificación da resolución xudicial de terminación do procedemento non
transcorreran máis de 6 meses.
 
c) No caso de vítimas de violencia de xénero, deberán cumprir ademais, dos requisitos sinalados no apartado 1, os seguintes:
 
1. Que a situación de violencia de xénero se producira nunha relación de convivencia.
2. Que teñan cesado dita convivencia nos 12 meses anteriores á presentación da solicitude.
3.  Que leven residindo polo menos dous meses antes da presentación das solicitudes nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollida para mulleres que sofren violencia de xénero e adscritos a unha Administración Pública.
4.  Que o documento acreditativo da violencia de xénero, fora adoptado ou emitido nos 6 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
 
d)  No caso de unidades de convivencia, privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc. deberán cumprir, ademais dos requisitos sinalados no apartado, os seguintes:
 
1. Que foran privados da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, acaecida nos seis meses anteriores á presentación da solicitude.
2. Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña unha vivenda en propiedade ou en usufruto no territorio nacional, distinta da que constituía a súa residencia habitual.


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON