AXUDAS ANPAS CONCILIACIÓN DA VIDA PERSONAL, FAMILIAR E LABORAL. XUNTA DE GALICIA. FSE


VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA. RESOLUCIÓN DO 28 DE DECEMBRO DE 2015, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN POLAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO, NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, DE PROGRAMAS DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES QUE TEÑAN COMO FINALIDADE FACILITAR A CONCILIACIÓN DA VIDA PERSOAL, FAMILIAR E LABORAL. COFINANCIADA POLO FSE.

Programas de actividades extraescolares subvencionables

Programas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Contribuir ao desenvolvemento integral do alumnado, reforzando os valores igualitarios, libres de prexuízos e de estereotipos sexistas así como a concienciación contra a violencia de xénero. Co dito fin primarase na valoración das solicitudes a programación de actividades ou accións de sensibilización dirixidas a promover a igualdade, fomentar a corresponsabilidade e o respecto mutuo, e a prevención da violencia de xénero.

b) As actividades realizaranse nas dependencias do centro educativo e fora do horario lectivo, de luns a venres durante o curso escolar 2015/2016 e durante unha hora diaria como mínimo. En caso de non acadar esta periodicidade, será necesario acreditar a realización doutras actividades que cubran as necesidades de conciliación nos días correspondentes.

c) A programación das actividades será en horario continuado desde a hora de inicio á hora de remate co fin de evitar baleiros intermedios que dificulten a conciliación.

d) As actividades que formen parte do programa centraranse en aspectos lúdicos, artísticos, culturais, tecnolóxicos e/ou deportivos.

e) Cada actividade dirixirase obrigatoriamente a un mínimo de 10 alumnas/os, agás naqueles casos debidamente xustificados, nos cales polas características do contexto ou do centro docente, sexa imposible acadar o mínimo establecido, en particular,  cando se trate de centros escolares situados en concellos rurais cualificados como zonas pouco poboadas de baixa densidade (ZPP) ou cando se trate de centros de educación especial.

Os programas achegados deberán considerar expresamente de que xeito se van a atender es necesidades das nenas e nenos con discapacidade.

A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta convocatoria é de 6.000 euros.

Gastos subvencionables

a) Gastos directos de persoal.   
b) A elaboración ou adquisición de material didáctico ou doutros materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades.
c) Gastos de seguros.
d) Gastos en bens consumibles e en material funxible. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON