PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS 2016. XUNTA DE GALICIA


CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DO 31 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLAS E FILLOS MENORES DE TRES ANOS PARA O ANO 2016

PERSOAS BENEFICIARIAS
1. Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2016 (nados entre o 2 de xaneiro de 2013 e o 1 de xaneiro de 2016, incluídos) e que, durante o ano 2014, nin elas nin ningunha da persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptadas/os ou acollidas/os entre o 31 de  decembro de 2014 e o 31 de decembro de 2015, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que a declare.
Así mesmo, serán beneficiarias de esta axuda aquelas persoas solicitantes dela no ano 2015 que, cumprindo todos os  requisitos sinalados na Orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, modificada pola Orde do 31 de Agosto de 2015, non se lles aboara por insuficiencia orzamentaria.
 
2. Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio das persoas proxenitoras, o beneficiario ou beneficiaria da prestación será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación ou divorcio.
 
3. En ningún caso poderán ser beneficiarias as persoas proxenitoras privadas da patria potestade da súas fillas ou fillos, ou se a tutela ou a garda fose asumida por unha institución pública.
 
4. As persoas estranxeiras que residan en Galicia poderán beneficiarse desta prestación sempre que cumplan as condicións da L.O .sobre dereitos e liberdades dos extranxeiros en España e a súa integración social, e os requisitos establecidos nesta orde. Ademais deberán ter a condición de contribuíntes para os efectos do disposto na Lei 35/2006, do 28 de novembro, do IRPF e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio.
 
5. As persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
REQUISITOS
a) Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderán ser requiridas para que presenten documentación complementaria que o demostre.
b) Que na data da solicitude os nenos ou as nenas covivan coa persoa solicitante.
TIPO DE AXUDA E CONTÍA
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
-Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros
-Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1200 euros
-Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2400 euros 
LUGAR E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo  de presentación das solicitudes será de corenta días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
DOG NÚMERO 17 27/01/2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS