PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFENIDA DE PERSOAS ASALARIADAS. 2016. XUNTA DE GALICIA



CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS. 2016.

 Persoas beneficiarias

1. Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
2. Persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Ámbito de aplicación temporal e contratacións subvencionables

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.
A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Requisitos

1. Centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. A primeira contratación indefinida inicial pola que se solicite subvención deberá formalizarse durante o primeiro ano de actividade. A segunda e terceira contratación indefinida poderán formalizarse ata o terceiro ano de actividade.

Contía

  • Primeira persoa traballadora indefinida:
a) 4.000 euros cando se trate dun home desempregado.
b) 5.000 euros cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 5.000 euros cando se trate dunha muller desempregada.
d) 6.000 euros cando se trate dunha muller desempregada de 45 ou mais anos de idade que sexa parada de longa duración.

  • Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:    
a) 5.000 euros cando se trare dun home desempregado.
b) 6.000 euros cando se trate dun home desempregado de 45 ou máis anos de idade que sexa parado de longa duración.
c) 6.000 euros cando se trate dunha muller desempregada.
d) 7.000 euros cando se trate dunha muller desempregada de 45 ou máis anos de idade que sexa parada de longa duración.

Cando se trate de contratacións indefinidas cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada ordinaria máxima legal. 

Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento d@s axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON