SUBVENCIÓNS DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ATENCIÓN INTEGRAL DIRIXIDOS A PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXPLOTACIÓN SEXUAL E/OU VÍTIMAS DE TRATA. XUNTA DE GALICIA.



VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA. RESOLUCIÓN DO 18 DE DECEMBRO DE 2015, DA SECRETARÁ XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE  ESTABLECEN AS BASES QUE REXERÁN A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS DE ATENCIÓN INTEGRAL DIRIXIDOS A PERSOAS  EN SITUACIÓN DE EXPLOTACIÓN SEXUAL E/OU LABORAL, NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, COFINANCIADA POLO FONDO SOCIAL EUROPEO. 2016.

Obxecto

Subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos, con fins de explotación sexual e/ou laboral, na CA de Galicia, coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

Entidades beneficiarias

Entidades  de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na CA.

Actuacións subvencionables

a) Atención inicial nos chamamentos  realizados polas autoridades competentes, xudiciais, fiscais e policiais, para a atención inmediata ás vítimas de trata de seres humanos con fins de expoltación sexual e/ou laboral en asistencia social, legal ou psicolóxica.
b) Asesoramento social e actuacións de apoio directo nas relacións coas distintas entidades, organismos e servizos para a realización de trámites administrativos de diversa índole: sociais, sanitarios, policiais, xudiciais, laborais, de formación, etc, e que permitan ás persoas beneficiarias iniciar o seu proceso de normalización social, así como atención, información e asesoramento continuado sobre os recursos; e acompañamento, apoio e seguimento no proxecto persoal de cada persoa usuaria.
c) Atención psicolóxica, para abordar posibles tratornos emocionais e/ou conductuais.
d) Asesoramento xurídico.
e) Orientación e asesoramento laboral.

Gastos subvencionables

a) Gastos de persoal.
b) Gastos de seguros.
c) Axudas de custo e gastos de locomoción do persoal.
d) Gastos en bens comúns e material funxible.
e) Gastos de alugamento e de mantemento de instalacións, limpeza e seguridade.   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA