SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO. XUNTA DE GALICIA.


CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 22 DE DECEMBRO  DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DE IMAXE, MODERNIZACIÓN, ESTABLECEMENTO DE NOVAS FÓRMULAS E MEDIOS DE COMERCIALIZACIÓN NO SECTOR COMERCIANTE RETALLISTA E ARTESANAL GALEGO E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN201H).

Réxime das subvencións

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións:

1. Para @s comerciantes retallistas.

a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cuadrados.
Investimento máximo subvencionable 10.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40%.
b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.
Investimento máximo subvencionable 5.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40%.

2. Para @s titulares de obradoiros artesanais.

a) Sistemas de etiquetas intelixentes, que engadidas ao produto ou ao seu empaquetado ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.
Investimento máximo subvencionable 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%. 

3. Para @s comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais.

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos. 
Investimento máximo subvencionable 4.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.
b) Desenvolvemento e implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o diseño da súa presentación.
Investimento máximo subvencionable 5.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.
c) Novos sistemas de comercialización que convinen o comercio online e offline, poñendo á disposición d@s clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda on line e pasarela de pagamento. Quedan excluídas neste punto as accións de publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web.
Investimento máximo subvencionable 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.
d) Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos:
  • portada ou páxina de inicio
  • formulario de contacto
  • páxinas de produtos ou servizos fácilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das 2 primeiras páxinas como mínimo
  • epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.  
Investimento máximo subvencionable 1.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.
e) Novos sistemas de comercialización e información á/ao consumidora/or que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídas neste punto as accións de publicidade.
Investimento máximo subvencionable 8.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.
@s beneficiari@s poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe e o investimento máximo subvencionable por beneficiari@ será de :
  • Para comerciantes retallistas 39.000 euros (IVE excluído).
  • Titulares de obradoiros artesanais 30.000 euros (IVE excluído).
4. Para as federacións de comerciantes.

Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase, como mínimo: o deseño gráfico da aplicación, o desenvolvemento e a aplicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluir actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.
Os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 50 establecementos comerciais.
Investimento máximo subvencionable 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.
Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática (apps).

5. Para as asociacions profesionais de artesáns.

Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.
Investimento máximo subvencionable 56.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70%.

 Non serán subvencionables:
  • Ordenadores.
  • Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.
  • Impresoras.
  • Televisores.
  • Sistema de alarma ou similares.
  • Os impostos recuperables ou repercutibles pol@ beneficiari@. 
Prazo

18 xaneiro-18 febreiro 2016

Información ás/aos interesad@s

1. Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es
2. Páxina web oficial da consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.
3. Nos teléfonos 981545525 ou 981545507 da Dirección Xeral de Comercio.
4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es
5. Persencialmente, na Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.
Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral  da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902120012).  

  


 

  



Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA