SUBVENCIÓNS PARA PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE. XUNTA DE GALICIA FSE


RESOLUCIÓN DO 21 DE DECEMBRO DE 2015, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXEN AS SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA PROGRAMA DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE, COFINANCIADAS POLO FSE.

Obxecto

Estes programas teñen como finalidade fomentar a igualdade de oportunidades para contribuir á redución da dobre discriminación na que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia de cara a mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán contemplar unha  atención pesonalizada e espcializada de cara a integración social e laboral das participantes, e responder a un dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de 3 anos, en situación de especial vulnerabilidade.
b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos nos que concorra dita situación.

Entidades beneficiarias

Entidades  de iniciativa social sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b) Ter domicilio social ou delegación en Galicia.

Accións subvencionables
 
a)  Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes en situación de especial vulnerabilidade, con fillas ou fillos menores de tres anos.
 
 O programa, para que poida ser obxecto de subvención, debe contemplar unha atención integral e especializada a mulleres xestantes e lactantes en situación de especial vulnerabilidade a través de accións dirixidas a promover o seu desenvolvemento persoal, familiar e laboral e a súa autonomía económica e afectiva, co fin de evitar que unha situación desexable poida converterse nun factor de exclusión.

Neste senso, debe conter actuacións tales como, información sobre recursos integrais específicos para elas e as súas fillas e fillos; de acompañamento social e de apoio psicolóxico lóxico para a superación de cargas emocionais provocadas por dita situación; de adquisición de competencias e habilidades persoais e sociais, e para a mellora da empregabilidade; así como servizos ou medidas de apoio na busca ou para o mentemento de emprego, e para favorecer a conciliación e poder proseguir cos seus proxectos vitais persoais, familiares, de estudios, laborais e profesionais.
 
b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada a mulleresen situación de especial  vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos nos que concorra dita situación.
  
programa debe contemplar unha atención personalizada recollida en proxectos de integración individuais no que se plasmen intervencións específicas. A actuación debe ter en conta o diferencial feminino e o fomento da igualdade de oportunidades como elemento básico da atención especializada que deben recibir as mulleres en situación de vulnerabilidade pertencentes ao colectivo ou colectivos aos que se dirixe, co obxecto de mellorar as súas expectativas persoais, sociais e laborais de cara a súa integración en termos de igualdade.
 
 
Gastos subvencionables
 
 a)  Gastos directos: terán esta consideración os que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que polo tanto se refiran de forma inequívoca e constatable a ela.

1. Gastos directos de persoal: Serán subvencionables as retribucións salariais dos/as profesionais que pertenzan ao persoal propio da entidade, incluídas as pagas extraordinarias e as cotas á seguridade social a cargo da entidade beneficiaria, correspondentes á execución do programa para a atención ás mulleres en situación de vulnerabilidade. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha previa asignación de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea íntegramente destinada a execución da dita actuación coma no caso de dedicación parcial, garantindo sempre a súa xustificación documental.
E, no caso de contratación mercantil ou externa, os honorarios ou retribucións salariais correspondentes á execución do programa dos/as profesionais contratados con dito fin.
 
2. Outros gastos directos: serán subvencionables os seguros destinados a cubrir continxencias de risco derivadas directamente da actuación subvencio; as axudas de custo e gastos de locomoción do persoal dedicado á execución do programa necesarios para a atención ás participantes e vinculados ao seu desenvolvemento.
 
 b) Indirectos: Gastos correntes que non se corresponden en exclusiva á operación subvencionada por ter carácter estructural e que resultan necesarios para o seu desenvolvemento: gastos indirectos de persoal (coordinación e tarefas auxiliares); gastos e bens consumibles  e en materia funxible; gastos de alugamento e de mantemento de instalacións (luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade).

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA