SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. 2016. XUNTA DE GALICIA




CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. ORDE DO 29 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN A AS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL, CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORIA PARA O ANO 2016


FINALIDADE
Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da Garantía Xuvenil e que pretendar desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

PERSOAS BENEFICIARIAS
As persoas novas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil.
b) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.
c) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación. 
d) Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
e) Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data  do inicio da nova actividade, nin estivese de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. 

SUBVENCIÓN PARA INICIATIVAS DE AUTOEMPREGO XUVENIL 

Co obxecto de axudar as persoas novas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e así, polo tanto, facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselles unha subvención  ás persoas que soliciten a alta no réxime especial de autónomos  ou en mutualidade profesional, desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

A contía desta subvención será de 1.200 euros.

SUBVENCIÓN POLO ESTABLECEMENTO COMO PERSOA TRABALLADORA AUTÓNOMA OU POR CONTA PROPIA

Poderáselle conceder á persoa nova inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, para a posta en marcha do seu proxecto empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 2.000 euros sen incluír o IVE ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes.

As contías destas subvencións serán as seguintes:

A. 7.500 euros mozo.
B. 8.000 euros moza.
C. 10.000 euros cando a persoa beneficiaria sexa unha persoa moza  con discapacidade ou pertencente a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social.


PRAZO

Rematará o 30 de setembro de 2016. 
DOG 30 decembro 2016 2015 


Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS