TARXETA BENVIDA: AXUDA ECONÓMICA PARA AS FAMILIAS CON FILL@S NAD@S NO 2016. XUNTA DE GALICIA


CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DO 22 DE DECEMBRO DE 2015 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES POLAS QUE SE REXERÁ A CONCESIÓN DA AXUDA ECONÓMICA, A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA, PARA AS FAMILIAS CON FILLAS E FILLOS NAD@S NO ANO 2016

Persoas beneficiarias

Residentes na CA de Galicia que teñan fill@s, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.

Requisitos

A) Residencia habitual en Galicia.
B) A renda da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do IRPF do ano 2014 non supere os 45.000 euros. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida entre o número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 euros.

Contía da axuda

Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 euros,  a razón de 100 euros mes durante o primeiro ano de vida d@ fill@. No caso de adopción, o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que @ nen@ faga un ano.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida.
Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.

Prazo de presentación de solicitudes

2 meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento.    

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA