AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DE CORRESPONSABILIDADES PARA OS TRABALLADORES QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO. 2016


 RESOLUCIÓN DO 28 DE MARZO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DE CORRESPONSABILIDADE PARA OS TRABALLADORES QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-20120. 2016.

PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas traballadoras por conta allea que sexan homes ou familias monoparentais (homes ou mulleres) que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 de abril de 2016 inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos, ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

No suposto de adopción ou de acollemento familiar, para teren dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou adopción e, entodo caso, a filla ou fillo terá que ser menor de 12 anos.

Para efectos destas axudas, entenderase por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á cónxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións:

a) Estaren empadroados en Galicia, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado.
b) Conviviren coa filla ou fillo.
c) De ser o caso, a cónxuxe ou parella debe estar traballando. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado, sexa este continuado ou fraccionado.
d) Teren uns ingresos non superiores a 5.5 vees o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo con prazo de presentación vencido (2014). 

OBXECTO 

As axudas concédene en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto avanzar na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como medida de fomento da corresponsabilidade e da conciliación da vida familiar e laboral, mediante incentivos para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo para a atención e o coidado das súas fillas e dos seus fillos, así como para as familias monoparentais, homes ou mulleres, que precisan dun apoio específico para compaxinar a vida laboral, persoal e familiar.

IMPORTE 

A contía das axudas establécese en función da procentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, e en atención ao número de fillas e fillos menores de 12 anos, nun abono que vai desde 1.700 euros e ata 3.700 euros.

Cando a xornada se realice a tempo parcial ou cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo (8 meses), as contías das axudas reduciranse proporcionalmente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOGA.

DOG Núm.61 Xoves, 31 de marzo de 2016   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA