AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL E PARA A REALIZACIÓN DE VIAXES POR RAZÓNS DE INTERESE SOCIAL, ASISTENCIAL OU HUMANITARIO. 2016


RESOLUCIÓN DO 15 DE FEBREIRO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL E PARA A REALIZACIÓN DE VIAXES POR RAZÓNS DE INTERESE SOCIAL, ASISTENCIAL OU HUMANITARIO. 2016.

OBXECTO

 Aprobar as bases por que se rexerá a concesión de axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente, para evitar ou paliar situacións de necesidade ou exclusión social, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características, as persoas que poidan ter a condición de beneficiarias.

PERSOAS BENEFICIARIAS

Persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas/ fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.

Terán a condición de persoas galegas residentes no exterior aquelas persoas emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os/as seus/súas fillos/as que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no Padrón de residentes no exterior (PERE) ou no Cendo electoral de residentes no exterior (CERA).

Excepcionalmente, para o caso de que estas persoas teñan que realizar unha viaxe e non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

REQUISITOS

a) Ter rendas ou ingresos insuficientes.
b) Ter patrimonio insuficente.
c) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude, como máximo nos últimos doce meses, que pola súa gravidade requiran unha actuación urxente ou a necesidade de realizar viaxe por mor destas razóns.

CONTÍA DAS AXUDAS  

Contía máxima da axuda concedida por persoa beneficiaria non poderá exceder de 3.000 euros, excepto para as axudas destinadas á realización de viaxes, que deberán realizarse na clase máis económica do medio de transporte que se utilice, nas cales a contía máxima que se conceda ou de custos que se satisfagan será de 1.500 euros por persoa beneficiaria.

PRAZO

Ata o 30 de novembro de 2016.   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA