AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS. 2016


RESOLUCIÓN DO 15 DE FEBREIRO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN, POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DAS AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS. 2016.

PERSOAS BENEFICIARIAS

a) As persoas galegas e nacidas en Galicia. 
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

REQUISITOS

a) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anterirores á data do retorno a España.
b) Non ter transcorrido máis dun ano entre a data do retorno a España e a da publicación desta resolución.
c) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Carecer de rendas ou ingresos suficientes. Computarán como tales todo tipo de rendas, incluso as axudas, públicas ou privaads, de natureza semellante ás previstas nesta resolución.
e) Carecer de bens mobles e/ou inmobles cuxo valor supere o límite de 15.000 euros máis 5.000 euros adicionais por cada un dos restantes membros da unidade familiar.

CONTÍA DAS AXUDAS 

As axudas de carácter xénerico  para facer fronte á situación derivada do retorno pagaranse por unha soa vez, e o seu importe establécese en función do número de puntos que se obteñan:
-Unidade de puntuación para aquelas persoas que obteñan entre 1 e 5 puntos: 250 euros por punto.
-Unidade de puntuación para aquelas persoas que obteñan 6 ou máis puntos: 350 euros por punto.

Igualmente, e co fin de axudar a sufragar os gastos derivados do retorno, establécese unha axuda de pagamento único que incrementarás as axudas anteriores en 150 euros, para a persoa beneficiaria procedente de Europa, e en 400 euros,  para a persoa beneficiaria procedente de América e outros países, excepto Europa.

Cando resulten beneficari@s varias persoas da mesma unidade familiar, a suma das súas axudas non poderá superar a contía de 6.300 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Ata o 31 de agosto de 2016, inclusive.   

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA