AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016


CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ORDE DO 14 DE MARZO DE 2016 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2016, DESTINADAS AO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

Actividades de formación convocadas

Actividades de formación para a mellora na competencia no uso da lingua inglesa.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2016.

A xestión e organización das actividades levarase a cabo por emdio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.

O custo total de cada actividade inclúe:

a) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
b) Os gastos de docencia e o material escoalr.
c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
d) Os gastos de mantemento e aloxamento.
e) O certificado de realización da actividade.
f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Persoas beneficiarias e requisitos 

a) Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2014/15.

c) Ter acadado, no curso 2014/15 e na área ou materia de Lingua Inglesa, una cualificación mínima de ben no 6º curso de educació primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º cursos de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiari@, recollidas na Lei 9/2007, do 1 de xuño, de subvencións de Galicia. 

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

As axudas poderán se solicitadas polos pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contía das axudas 

 Será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionad@ e a achega que lle corresponsa segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados no anexo IV, e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar, indicado no anexo V.

Prazo 

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

                                                                                                                        Achega das familias
                                      Modalidade          Duración       Réxime aloxamento    Nº prazas   Custo por praza  G A  G B  G C  G D
2º bacharelato             Inglés en Galicia        1 semana             Residencia              33                 800              100   180   300    350
1º bacharelato             Inglés en Galicia        1 semana             Residencia              59                 800              100   180   300    350 
4º ESO                       Inglés en Galicia        2 semanas            Residencia              90                550                70   125   220    275
3º ESO                       Inglés en Galicia        2 semanas            Residencia              120               550                70  125    220    275
2º ESO                       Inglés en Galicia        2 semanas            Residencia              190               550                70  125    220    275
1º ESO                       Inglés en Galicia        2 semanas            Residencia              190                550               70  125    220    275 

DOG Núm. 58  Luns, 28 de marzo de 2016 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON