SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS. 2016




RESOLUCIÓN DO 15 DE FEBREIRO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE EMIGRACIÓN, POLA QUE SE APROBAN AS BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, DE SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA NA CA GALEGA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS. 2016.

PERSOAS BENEFICIARIAS 

1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

REQUISITOS

Xerais

a)  Acreditar a condición de persoa beneficiaria.
b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.
c) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro desta resolución.
d) Residir ou exercer a súa actividade laboral ou profesional na CA de Galicia.
e) Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.

Específicos

1. Persoas traballadoras autónomas por conta propia:

a) Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens.
b) Tener dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda.

2. Persoas socias traballadoras de sociedade laboral ou cooperativa de trabajo asociado.

a) As entidades deberán estar legalmente constituidas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.
b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras. 
Quedan excluídas as persoas socias de sociedades mercantís.

GASTOS SUBVENCIONABLES

1. GASTOS DE ESTABLECEMENTO

  • De notaría o rexistro.
  • Servizos profesionais.
  • Tributos.
  • Licenzas administrativas.
  • Gastos derivados do desenvolvemento e implantación de páxina xeb e de pasarela de pagamento para a realización de vendas en liña.
  • Publicidade  propaganda.
  • Primas de seguros.
  • Arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos e subministración de servizos imputables no desenvolvemento de actividades (calefacción, gas, auga, electricidade, telefonía e internet) xeradas nos tres meses anteriores á alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda.  
2. CONTÍA MÁXIMA DA SUBVENCIÓN

  • 80% dos gastos subvencionables estimados no orzamento presentado que correspondan á persoa solicitante en función da súa porcentaxe de participación, de ser o caso, ata unha contía máxima de 4.000 euros para o caso de persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e de 6.000 euros para o caso de persoas socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
  • Cando a persoa solicitante teña 39 anos ou menos, o importa da subvención resultante incrementarase en 1.000 euros, e en 1.000 euros máis no caso de ser muller.

Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON