BOLSEIR@S

 

PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2016 (EMPRESAS) DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

OBXECTO

Convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, da selección e distribución dun total de 400 bolsas de práctica laboral para persoas con titulación universitaria ou de FP entre empresas privadas, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa intención de lles proporcioanr a experiencia e a práctica profesional necesaria para facilitar a súa inserción laboral.
As 400 bolsas distribuiranse en dous grupos conforme aos criterios de valoración sinalados nesta convocatoria, tendo en conta o seguinte criterio de reparto:
  • 1º grupo: 360 bolsas entre empresas privadas.
  • 2º grupo: 40 bolsas entre corporaciósn sectoriais e organizacións non gobernamentais.
En caso de que non se cubra o número de bolsas asignado a un grupo poderase distribuir as restantes entre as persoas solicitantes do outro grupo.

FINALIDADE DO PLAN 

Seleccionar as empresas ou entidades máis capacitadas para acadar os obxectivos sinalados nestas bases, que se atopen en mellores condicións e que poidan engadirlle valor á formación académica ou profesional das persoas ás que vai dirixido, ofrecendo unhas boas perspectivas de empregabilidade.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 

Vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

REQUISITOS DAS E DOS ASPIRANTES

As bolsas de práctica laboral destinaranse a persoas con titulación universitaria ou de ciclos superiores de FP que reúnan as seguintes condicións:
  • Finalizar os estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2005.
  • Non ter experiencia laboral previa acreditada relacionada coa titulación e de duración igual ou superior a seis meses.
  • Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.
  •  Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da institución provincial, ou de calquera outra convocada por esta Administración ou polos extinguidos organismos autónomos por un período de duración superior a seis meses.
SELECCIÓN DE PERSOAS BOLSEIRAS 

Efectuarase mediante convocatoria pública e segundo os principios de mérito e capacidade. O proceso estruturarase en dúas fases: a primeira, de carácter eliminatorio, por currículo o expediente académico, e a segunda a través dunha proba tipo test sobre o programa que se especifique na convocatoria.
 BOPPO 14 de abril 2016

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ORDE DO 22 DE MARZO DE 2016 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO. 

OBXECTO E FINALIDADE

Por medio de esta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria do programa 2016 de bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O persoal bolseiro realizará a súa actividade en diversos museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Serán tutelad@s, dirixid@s e coordinad@s polos servizos técnicos da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

PERSOAS BENEFICIARIAS

As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

1.  A) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:

Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
  • Historia ou Antropoloxía.
  • Historia da Arte.
  • Arqueoloxía.
2. B) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia: 

Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
  •  Arqueoloxía.
  • Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficila ou certificado Celga 3.

3. Non ter disfrutado, con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria, de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro meses (24) das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.

4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.

5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a formación en materia de patrimonio moble galego.

6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.

NÚMERO, DURACIÓN E IMPORTE DAS BOLSAS 

Oito prazas, das que se fará unha reserva de dúas prazas destinadas exclusivamente a licenciad@s universitari@s nas materias de Historia de Arte e Historia cun mínimo, para @s licenciad@s en Historia, de 100 créditos nas materias de Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga, que rematasen a súa licenciatura no ano 2010 ou posteriores. 

As bolsas terán unha duración máxima de seis meses.

O importe de cada bolsa será de 5.750 euros.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
DOG Núm. 70 Mércores 13 de abril de 2016 
 
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ORDE DO 28 DE MARZO DE 2016 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA MEDIANTE A FORMACIÓN APOIADA POR TITORES EN DIVERSOS CENTROS BIBLIOTECARIOS.

OBXECTO E FINALIDADE

Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.

@s bolseir@s recibirán a súa formación nas seguintes bibliotecas públicas: Biblioteca de Galicia, Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, Biblioteca Pública de Lugo, Biblioteca Pública de Ourense, Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel e Biblioteca Pública Municipal de Ferrol.

Serán coordinad@s e dirixid@s pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do persoal técnico debidamente cualificado, designado para tal efecto por aquela.

NÚMERO, DURACIÓN E IMPORTE DAS BOLSAS

35 PRAZAS.

A bolsa terá unha duración máxima de sete meses, podendo ser prorrogadas.

O número de horas diarias de formación será de 7 horas. Ata completar un mínimo de 1.022 horas.

O importe individualizado de cada bolsa será de 880 euros brutos mensuais.

BENEFICIARI@S 

As persoas que cumpran os seguintes requisitos:

- Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación, licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.

-Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

PRAZO 

1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no DOG. Se o´último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes. 
DOG Núm. 70  Mércores, 13 de abril de 2016
 


 
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS