BOLSEIR@S


CONSELLO DA CULTURA GALEGA. RESOLUCIÓN DO 10 DE MARZO DE 2016 POLA QUE SE APROBAN AS BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PÚBLICA DE CATRO BOLSAS DE COLABORACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER.

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NA ÁREA DE PUBLICACIÓNS.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Publicacións do Concello da Cultura Galega.

Requisitos específicos das persoas solicitantes

-Ser licenciado/a en  Comunicación, Humanidades ou Ciencias Sociales.

Valoraranse como méritos:

-Posuír experiencia en edición de textos e edición dixital.
-Posuír coñecementos de tradución e corrección.
-Posuír coñecementos de informática.

DÚAS BOLSAS PARA COLABORAR NA ÁREA DE DOCUMENTACIÓN. 

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar na Área de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Requisitos específicos das persoas solicitantes

-Ser licenciado/a en Documentación ou Humanidades.

Valoraranse como méritos:

-Posuír coñecementos de catalogación en formatos Marc.
-Posuír coñecementos de programas de catalogación.
-Posuír coñecementos de informática.
-Posuír experiencia en xestión documental.

REQUISITOS XERAIS 

a) Posuir a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

b) Estar en posesión da titulación académica requerida para a bolsa para a cal presente solicitude.

c )Acreditar coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciado/a en Filoloxía Galega.

d) Non resultar beneficiari@ de una bolsa de colaboración convocada polo Consello da Cultura Galega en convocatorias anteriores durante un prazo superior a doce meses. 

e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 7 puntos.

CONTÍA DAS BOLSAS 

1.000 euros mensuais.

DURACIÓN

Seis meses e iniciaranse previsiblemente o 1 de xuño de 2016.
  
PRAZO DE PRESENTACIÓN 

Un mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOGA. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA