BOLSEIR@S



CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. ORDE DO 15 DE MARZO DE 2016 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DE BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE ARQUIVOS E SE CONVOCAN AS CORRESPONDENTES AO PROGRAMA 2016 (20 BOLSAS).


OBXECTO

As bolsas irán destinadas a actividade de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e dos seus fondos documentais. @s bolseir@s realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinad@s e dirixid@s polos seus servizos técnicos de arquivos.

BENEFICIARI@S

1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que prrdomine a formación en Historia e/ou Arquivística.

2. Ter acreditado dominio da lingua galega a nivel de iniciación mediante título oficial.

3. Non ter gozado con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria de bolsas de ningunha bolsa das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e descrición de arquivos galegos.

4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

5. Non ter sido sancionad@ por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organizaicón e descrición de arquivos de interese galego.

NÚMERO, DURACIÓN E IMPORTE DAS BOLSAS

O número de prazas convocadas será de vinte.

As bolsas terán unha duración máxima de seis meses, podendo ser prorrogables automáticamente ata outros seis meses.

O importe bruto mensual de cada bolsa será 895 euros con cinco céntimos.

PRAZO

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
DOG, 6 de abril de 2016  
 
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA