CAMPAÑA DE VERÁN 2016. PRAZAS XUVENÍS.


CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DO 1 DE ABRIL DE 2016 POLA QUE SE REGULA A OFERTA DE PRAZAS XUVENÍS DENTRO DO PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2016.

OBXECTO

Para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades para o ano 2016.

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración os meses de xullo, agosto e setembro.

A información sobre a convocatoria desta campaña, así como de cada actividade e instalación xuvenil onde se desenvolverá, atoparase detallada na páxina web: www.xuventude.net.

SERVIZOS OFERTADOS 

A participación na oferta da Campaña de verán 2016 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para o suposto de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás). As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/da mozo/a.

b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

c) Manutención en réxime de pensión completa.

d) O material necesario para a actividade.

e) Un equipo de técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.  

f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída, ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, das 16:00 ás 19:00 horas. Non se admitirá nigún/ningunha participante despois deste límite.

PARTICIPANTES  

Moz@s galeg@s residentes en Galicia, nacid@s no ano sinalado na orde para cada actividade.

En canto a idade mínima e máxima:

-@s nacid@s no ano 1998 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
-@s nacid@s no ano 2007 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.

As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar cumprindo os seguintes requisitos:

-Facer constar a súa condición na epígrafe que figura no seu impreso de solicitude.
-Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
-Ter capacidade de integración nun grupo.

PRAZO   

15 días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
DOG 8 de abril de 2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA