PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL (GALEUROPA).



CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL. ORDE DO 23 DE MARZO DE 2016 POLA QUE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE MOBILIDADE TRASNACIONAL XUVENIL (GALEUROPA) CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL.

OBXECTO, FINALIDADE E VIXENCIA

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos.

A finalidade do programa é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais d@s moz@s non ocupad@s e non integrad@s nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellroa da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

A realización da mobilidade xerará o dereito ás persoas participantes para a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.


PERSOAS/ENTIDADES BENEFICIARIAS DA SUBVENCIÓN

  • Moz@s individualmente, inscrit@s no SNGX, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Entidades sen ánimo de lucro que con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
  • Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios. 

DESTINATARI@S DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS NON LABORAIS: PARTICIPANTES DAS MOBILIDADES

Requisitos

1. Estar inscrit@s no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da CA de Galicia.
2. Ter menos de 30 anos.
3. Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
4. Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
5. Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.  

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS

Mínimo de dous meses e máximo de catro meses.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES  

Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta Orde no DOG. Polo tanto, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no DOG. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
 DOG Núm. 67   Venres, 8 de abril de 2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA