Quen foi Hertha Ayrton?



Hertha Marks Ayrton naceu en Gran Bretaña o 28 de abril de 1854 como Phoebe Sarah Marks pero, decidiu poñerse de nome «Hertha», que era como se chamaba a heroína dun poema de Algernon Charles Swinburne, una crítica directa ás relixións organizadas.
 Aos dezaséis anos traballou como institutriz. Sen embargo, desafiando a división sexual do traballo, decidiu estudar matemáticas. Coa axuda económica da sua titora puido asistir entre 1877 y 1881 ao Girton College.
De 1881 a 1883, Marks traballou como profesora de matemáticas a domicilio. Os seus estudos científicos, realizounos asistindo a clases nocturnas de física no Finsbury Technical College, en donde era profesor William Ayrton, con quen casou no 1885.

No 1899, Hertha Ayrton foi elixida como a primeira muller que integrou a Institución de Enxeñeiros Eléctricos. No 1902, publicou o libro "El arco eléctrico", un texto que inclúe as descripcións e ilustracións dos seus experimentos. 
O libro foi ampliamente aceptado científicamente e recibiu críticas favorables no continente. De feito, un diario alemán eloxiou con entusiasmo a sua clara exposición e conclusións pertinentes. Sen embargo, a Royal Society de Londres, non lle permitiu presentar o seu propio traballo, o cal foi lido por un home e o mesmo organismo rexeitou a sua membresía, debido a que as mulleres non eran aceptadas. 
Hertha tamén foi membro activo da Unión Política e Social da Muller e participou, entre 1906 e 1913, dentro do movemento das mulleres sufraxistas. Foi membro fundadora da Federación Internacional de Mulleres Universitarias e da Unión Nacional de Traballadores Científicos. Desempeñou o cargo de vicepresidenta da Federación Británica de Mulleres Universitarias e vicepresidenta da Unión Nacional de Sociedades polo Sufraxio das Mulleres.
Hertha finou no 1923 e dous anos despois da sua morte, a Universidade de Girton institucionalizou a beca de investigación Hertha Ayrton, na súa honra. Ademáis do seu legado de incalculable valor, deixou unha filla: Barbara Ayrton, que acabou sendo membro do parlamento polo Partido Laborista.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA