SEMINARIO ECONOMÍA DOMÉSTICA: "RELACIÓNS CON ENTIDADES FINANCIEIRAS"


"RELACIÓN CON ENTIDADES FINANCIEIRAS"
Xoves, 21 de abril
16:00 horas
Casa de Cultura de Silleda  
PRAZO DE INSCRIPCIÓN 12 abril-19 abril
CIM SILLEDA Chousa Nova 67
Teléfono 986592037
Docente: Elisa Lodeiro Vázquez. Licenciada en Administración y Dirección de Empresas. Experta en xestión económico financieira, contabilidade e auditoría.

Un dos obxectivos fundamentais da Concellería de Igualdade do concello de Silleda é promover accións encamiñadas á mellora da calidade de vida das mulleres, en especial daquelas que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Economizar e priorizar gastos son obxectivos fundamentais nos núcleos familiares en tempos de crises. A economía doméstica debe organizarse en torno a un plan, de non facelo contamos co risco de non estar actuando sobre algúns dos nosos gastos máis relevantes. Elaborar un orzamento familiar é só o primeiro paso para saber como podemos facer fronte ás esixencias da vida diaria. Pero, concretamente, por onde empezamos? 

É posible reducir a potencia contratada para a rede eléctrica? estamos gastando demasiada auga? podemos facer compras máis económicas? gastamos moito coas nosas tarifas telefónicas? É o momento de renegociar moitas condicións contractuales e modificar os nosos hábitos para vivir de xeito equilibrado.

Os Seminarios de Economía Doméstica se distribuirán en seis sesións, de dúas horas de duración cada unha delas, a desenvolver nos meses de abril a setembro:
  1. Relacións con entidades financieiras.
  2. Aforro de enerxía no fogar.
  3. Aforro de auga no fogar.
  4. Movilidade sostenible dende o fogar.
  5. Consumo doméstico: recomendacións para aforrar na cesta da compra.
  6. Recomendacións para aforrar na limepeza do fogar.
PROGRAMACIÓN 

INTRODUCCIÓN Á ECONOMÍA DOMÉSTICA
  • Elaboración dun orzamento familiar como paso previo para conseguir unha axeitada xestión da economía doméstica.
  • Establecer cales son as necesidade básicas: unha forma de optimizar o gasto e planificalo.
  • Determinar o nivel de endebedamento e financiamento necesario en relación cos ingresos da unidade familiar. 
XESTIÓN DA ECONOMÍA DOMÉSTICA 
  
  • Presentación das distintas formas de financiamento:
  1. Familiares.
  2. Entidades financieiras.
  3. Entidades de diñeiro rápido.
  • Xestión da Economía doméstica:
  1. Negociación con entidades prestammistas para minimizar o custo financieiro.
  2. Interpretación da "letra pequena" que aparece en tódolod contratos/productos financieiros.
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA