SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.


DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA O FOMENTO DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que deselvonvan as actuacións reguladas nesta convocatoria e que cumpran os seguintes requisitos:

- Estar inscritas na área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia.
- Carecer de fins de lucro.
- Ter a súa razón social ou delegación na provincia de Pontevedra.
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas e non incorrer en ningún dos casos de prohibición para percibir subvencións recollidos na lei.
- As entidades deben estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e co organismo provincial.


ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES 

  • Proxectos ou actividades de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero.
  • Proxectos de atención integral para vítimas de violencia machista, fillas, fillos e persoas dependentes ao seu cargo.
  • Programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades.
  • Proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes.
  • Proxectos encamiñados á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres.
  • Accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
  • Campañas de difusión e sensibilización a cidadanía en materia de igualdade.  

IMPORTE

A contía máxima de subvención a cada entidade non poderá superar os seis mil euros (6.000 euros).

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

30 días naturais, contados a partir do día da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.

Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Luns, 18 de abril de 2016

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA