APLICACIÓN ESCAPP. XUNTA DE GALICIA


EscApp é unha aplicación da SX de Igualdade da Xunta de Galicia en colaboración co CPEIG que ten por obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopan  nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións.

A App discorre a través de 6 ítems moi sinxelos e prácticos:

1.- Primeiros sinais do maltrato: Pautas para identificar si estás vivindo potencias situacións de maltrato.
2.- Que facer: consellos e indicacións de como proceder tanto se a muller é vítima de violencia directamente ou pautas de como actuar para calquera persoa que teña coñecemento dunha situación deste tipo.
3.- Tips para a túa seguridade: ofrece pautas de actuación a quen viva situacións de violencia, tanto se aínda non abandonou a dita situación (ofrece consellos claros e directos de como proceder para rachar con ela), como si xa se denunciou a situación (ofrece consellos para a seguridade física da vítima).
4.- Preguntas frecuentes: contén a resposta ás preguntas que as mulleres que padecen violencia de xénero realizan de xeito recurrente, sobre todo en relación coa denuncia  e a súa interposición, sobre a orde de protección e o que implica e sobre os recursos dos que pode dispoñer.
5.- Preto de min: Activa a través do xeoposicionamento da vítima ou persoa que use a APP todo o directorio de recursos existente en Galicia: CIMs, comisarias, hospitais, xulgados específios etc.
6.- Directorio: Figuran os datos completos da totalidade dos  recursos existentes en Galicia (enderezos e teléfonos).
7. Chama e infórmate: Solo con pulsar esta opción se establece a chamada directa co 016 ou co teléfono 900400273 de información ás mulleres.
8.-Galería audiovisual: enlaza coa canle que a Secretaría Xeral de Igualdade ten activo en youtube e no que se soben os diferentes produtos audiovisuais que se elaboren en diferentes proxectos. Se actualiza automáticamente, de xeito que actualizada a canle actualizada a App.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA