DEPOTERMAL 2016


OBXECTO


 Fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloren o seu estado de anímico potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.

O plan termal da Deputacion de Pontevedra "Depotermal 2016" pon en marcha dous programas termais:

a) Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos (de luns a venres). 1.248 prazas.

Quendas de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares, da provincia de Pontevedra, incluíndo os traslados en autocar, con guía acompañante dende os concellos de orixe ata ó establecemento escollido e viceversa.

@s beneficiari@s do programa poderán elixir indistintamente, no momento da solicitude, o establecemento que máis lles satisfaga entre os ofertados pola empresa adxudicataria, entendendo que a asignación de prazas neste establecemento escollido e viceversa.

b) Programa termal de pernoctación en réxime de pensión completa. 3.186 prazas.

Este programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con balneario, talaso, spa o outras instalacións de características similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

O paquete inclúe, ademais da  estadía e a pensión completa (coas bebidas incluídas), a utilización do spa, balneario ou outras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ó día e os traslados en autobús desde os concellos de orixe ata o establecemento escollido e viceversa.

A entrada no hotel será os domingos pola tarde e a saída será os venres despois do xantar.

@s beneficiri@s do programa poderán eliixir indistintamente, no momento da solicitude, o establecemento que máis lles satisfaga entre os ofertados pola empresa adxudicataria, entendendo que a asignación de prazas neste establecemento estará suxeita a dispoñibilidade. 

 

BENEFICIARI@S

Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Ser nacid@s antes de 1966, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do DNI ou NIE segundo o caso.
b) Ser pensionista, para o que deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente.
c) Precisa dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe d@ traballador/a social dos servizos sociais comunitarios básicos.

No caso de parellas que desexen participar no plan xuntos, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases.  

PRAZO 

O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do día seguinte ó da finalización do prazo de adhesión dos concellos. A publicación das datas de inscrición publicarase na web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.e e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Para @s participantes de concellos adheridos ao plan termal "DEPOTERMAL 2016" o lugar de presentación de solicitudes será o departamento de Servizos Sociais do propio concello.
BOPPO  24 de maio 2016

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA