PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA 2016


RESOLUCIÓN DO 15 DE XUÑO DE 2016, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO EN GALICIA, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO (FSE) NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020, E SE PROCEDE A SÚA CONVOCATORIA NO ANO 2016.

Obxecto

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituidas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar  a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Co dito fin, o programa comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

a) Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
Incentivos de 12.000 a 22.000 euros.

b) Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituidas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.
Incentivos de 15.000 a 22.000 euros.

c) Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituidas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa, e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa perviviencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas, en ningún caso, poderán supor destrución do emprego existente por contra propia e allea.
Incentivos de 6.000 a 18.000 euros.

d) Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
Incentivos de 18.000 a 50.000 euros

e) Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.
  • Concilia-promotoras: Incentivo de 3.000 euros por empresa, sempre que forme parte dela algunha promotora con fillas ou fillos menores de tres anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.
  • A modalidade Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo de 1.000 euros por persoa traballadora por conta allea, cun máximo de 5.000 euros por empresa, sempre que se solicite expresamente e se opte por un dos supostos previstos na resolución.

f) Dual: axuda complementaria para incentivas a participación no programa de titorización que estableza a Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria a través das liñas Emprende, Activa, Innova ou ITEF.
500 euros por empresa.

Beneficiarias

Empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución.

Requisitos comúns a todas as liñas de axuda

a) Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena empresa validamente constituida.
b) A actividade mercantil pode ser realizada por empresas individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluidas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.
c) Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial, en Galicia.
d) As promotoras das empresas beneficiarias das axudas deben estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela.
e) Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral nos termos esixidos para cada tipo de axuda.
f) A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financeira, o que deberá quedar reflectido no plan de negocio empresarial.
g) Non encontrarse en ningunha dsa circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da interesada.
h) Non ter percibido axudas ao abeiro do programa Emega nos tres anos anteriores á data do inicioda actividade económica no caso das liñas Emprende e ITEF. No caso das liñas Activa e Innova, nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria.

Presentación de solicitudes e prazo

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. 
DOG Núm. 124, Venres, 1 de xullo de 2016 
    
  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA