O DOG PUBLICA HOXE O NOVO DECRETO QUE REGULA O FUNCIONAMENTO DOS CIM.

O DOG publica hoxe o novo decreto que regula o funcionamento dos Centros de Información á Muller

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o texto do proxecto de decreto que establece os requisitos e o procedemento para o recoñecemento, modificación e extinción dos Centros de Información á Muller, os CIMs, que actualmente na nosa comunidade son 81. 
 
No ano 2004 publicouse no DOG o decreto 182/2004, que regula os centros de información ás mulleres e establece os requisitos para o seu recoñecemento e funcionamento, polo que transcorridos máis de 10 anos de vixencia do dito decreto, precisa revisarse e actualizarse para dar cabida ás demandas e adaptarse á situación actual da sociedade, co obxecto de dar continuidade e mellorar o servizo que prestan os CIM.

Este novo texto ten por obxecto establecer unha nova regulación dos requisitos e o procedemento para o recoñecemento dos centros de información á muller, así como as condicións de funcionamento, e o procedemento da extinción do recoñecemento destes centros na nosa comunidade.

O principal obxectivo deste novo decreto dos Centros de Información á Muller é conseguir unha mellora no servizo á cidadanía, tanto na promoción da igualdade de xénero mediante a información e o asesoramento, como na prevención e loita contra a violencia de xénero na nosa comunidade, xa que nestes últimos anos,os CIMs foron una instrumento decisivo neste servizo prestado aos cidadáns galegos. Os CIM atenderán a todas as mulleres que o demanden así como a calquera persoa, sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero.

Cabe destacar que se establecen como de carácter prioritario as actividades de prevención, información, asesoramento e loita en xeral contra a violencia de xénero, así como a atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Ademais a atención poderase estender ás fillas e fillos e ás persoas menores ou maiores dependentes delas coa intención de reducir o impacto negativo que a situación de violencia produce nestas persoas. Tamén será prioritaria a atención a mulleres pertencentes a outros colectivos en situación de vulnerabilidade e/ou risco de exclusión social.

Entre as funcións que poderán desenvolver os CIMs, incluirá tamén actividades de información e atención ao colectivo LGTBI, segundo a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia establece que se apoiará un servizo de información, atención e asesoramento a lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais e ás súas familias e persoas achegadas, en colaboración cos gobernos locais.

Contido do decreto

O texto consta de tres capítulos, onde no primeiro capítulo establece unha serie de disposicións xerais, e como aspectos principais regula: obxecto, concepto de CIM, ámbito territorial e persoal de actuación de cada CIM, obriga de actualización de datos e de achega de información á Xunta de Galicia, principios de actuación dos CIM e funcións que desenvolverán.

O segundo capítulo establece os requisitos que deberán reunir os CIM: recursos humanos e materiais, requisitos funcionais, creación da Rede CIM e posibilidade de convenios de colaboración entre diversas entidades locais para a prestación do servizo do CIM. E o terceiro capítulo regula o procedemento do recoñecemento, acreditación, modificación e extinción dos CIM.

O decreto entrará en vigor no prazo de vinte días, unha vez publicado hoxe no DOG.

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA