CONECTADAS 2017



FINALIDADE DO PROGRAMA
Mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a brecha dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.


ENTIDADES DESTINATARIAS
Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Cada entidade poderá presentar unha única solicitude, que se presentará no Rexistro xeral da Deputación ou en calquera das oficinas de rexistro da institución provincial. Pódense consultar as distintas oficinas existentes e os horarios na seguinte ligazón: http://www.depo.es/servizos-a-cidadania/centros/rexistro
Tamén poderá entregarse no Rexistro electrónico sede.depo.es, de conformidade co establecido no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En caso de enviarse por correo postal (ao Rexistro da Deputación), o envío deberá certificarse co selo de Correos no formulario de solicitude para garantir que a data de remisión está dentro do prazo de presentación de solicitudes da orde da convocatoria.
As solicitudes remitidas por correo que non cumpran este requisito teranse por presentadas a todos os efectos no mesmo día en que teñan entrada no Rexistro do organismo provincial, independentemente da data de presentación na oficina de Correos.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO (ata o 9 de marzo inclusive).

 DOCUMENTACIÓN
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
— Copia do DNI da presidenta ou presidente da entidade
— Copia do CIF da entidade
— Certificado acreditativo do cargo
— Memoria das actividades do ano 2016 na que se especifiquen detalladamente os traballos realizados no eido da muller e en prol da igualdade.

CONDICIÓNS DO PROGRAMA
As accións formativas terán unha duración de 35 horas, repartidas entre dúas e tres horas semanais, e a entidade solicitante poderá escoller se estas se realizan no mesmo día ou en días alternos, dependendo das necesidades das persoas participantes. Ademais poderanse incrementar as horas semanais ata un máximo de catro en caso de se considerar oportuno pola actividade que se vaia desenvolver.
O número máximo de prazas por cada acción formativa virá establecido no catálogo segundo a especialidade e poderá variar entre as 20 e 25. Para levar a cabo calquera acción formativa será necesario reunir un mínimo de 15 persoas. De non ser así a entidade deberá poñerse en contacto co Servizo de Igualdade do organismo provincial e procurar as opcións existentes antes de anular o curso.
En caso de que as prazas se queiran ampliar debido á elevada demanda a entidade poderá solicitarllo á Deputación, sempre que as instalacións e o tipo de obradoiro o permitan.
Os obradoiros deberán realizarse durante o ano 2017.

ENTIDADES PARTICIPANTES
Cada entidade poderá escoller unha soa acción formativa do catálogo ofertado e aceptará as obrigas que correspondan para cada unha delas:
— Características da aula (de non cumprirse deberán escoller outro obradoiro)
— Material do que se debe dispoñer (acondicionamento mínimo, ver catálogo)
— Material que debe ter o alumnado (ver catálogo)
— Coñecementos mínimos (ver catálogo)
Na elección da acción formativa deberán terse en conta as instalacións coas que conta a entidade, os equipamentos dos que dispón e as súas características específicas, ademais do material que deberá levar o alumnado, tendo en conta o que recolle o catálogo para cada acción formativa.
Deberá utilizarse unha aula-obradoiro con espazo suficiente para a realización de actividades prácticas ou tarefas manuais, que estea debidamente acondicionada, con ventilación natural, iluminación suficiente, electricidade e toma de auga. Esta aula deberá estar equipada, ademais, con mobiliario (mesas e cadeiras) para a persoa docente e para as persoas participantes no obradoiro.
As entidades participantes no programa non poderán esixir ningunha cota ou calquera outra contía superior a seis (6) euros, ás persoas que realicen a acción formativa. En caso de calquera reclamación ou queixa por este motivo as entidades poden ser penalizadas coa non participación en edicións posteriores.



Comentarios

Entradas populares de este blog

ELAS DIXERON