AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE. 2017


RESOLUCIÓN DO 31 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS DESTINADAS A FOMENTAR O ASOCIACIONISMO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES. 2017.

 BENEFICIARIAS

Asociacións de mulleres e federacións constituidas por estas, sen ánimo de lucro, que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular as seguintes:
a) Ter domicilio social en Galicia.
b) Estar legalmente constituidas.
c) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). Este requisito verificarase de oficio pola unidade de igualdade instrutora do procedemento.
d) Os fins e obxectivos das asociacións e das federacións solicitantes deberán contribuir a promover a igualdade entre homes e mulleres e a potenciar a participación e a presenza das mulleres na vida política, económica, cultural e social. Estes fins e obxectivos deberán estar recollidos nos estatutos da asociación ou federación ou desprenderse da súa actuación xeral.
e) As mulleres socias deben representar, polo menos, o 90% da totalidade das persoas asociadas, tanto no caso das asociacións como das federacións.
f) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DA AXUDA

 1. LIÑA 1: CONSOLIDACIÓN DO MOVEMENTO ASOCIATIVO

Poderán ser obxecto de subvención na liña 1 os gastos correntes derivados do mantemento e funcionamento ordinario da entidade solicitante, xerados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambos os dous incluidos.

2. LIÑA 2: PROMOCIÓN DE ACTUACIÓNS E ACTIVIDADES SINGULARIZADAS EN MATERIA DE IGUALDADE

 Poderán ser obxecto de subvención na liña 2 as actuacións e actividades de sensibilización e concienciación social, información ou formación en materia de igualdade e de prevención da violencia de xénero, ou dirixidas a potenciar e facilitar a mellora da calidade de vida e a participación das mulleres en todos os ámbitos, realizadas entre o 1 de novembro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, e que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

a) Actuacións de sensibilización e concienciación social en materia de igualdade: actividades de divulgación, sensibilización e visibilización do papel das mulleres (estudos, campañas, obras de teatro, exposicións e outras actividades análogas) dirixidas a promover o cambio de valores e a corresponsabilidade, na sociedade en xeral e no ámbito educativo, coa finalidade de potenciar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como para previr e erradicar a violenciad de xénero.

b) Actuacións para o empoderamento e participación activa: actividades de información e formativas destinadas a impulsar e promover a motivación, o empoderamento e o liderado das mulleres, así como a participación das mulleres no ámbito público, social, económico e cultural, en postos de responsabilidade públicos e privados, e no movemento asociativo.

c) Actuacións dirixidas a facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres: de carácter formativo (cursos ou obradoiros para a adquisición de coñecementos, por exemplo alfabetización dixital ou do uso de novas tecnoloxías da información e comunicación), así como de carácter cultural, artístico ou de lecer.
No deseño e implementación das actividades culturais, artísticas e de lecer para que poidan ser subvencionables deben ter en conta a perspectiva e o impacto de xénero e estar complementadas con actividades de sensibilización, información ou formación en materia de igualdade de oportunidades e/ou de prevención da violencia de xénero.

A contía máxima da axuda que se pode conceder ao abeiro desta convocatoria é de 3.000 euros.

GASTOS SUBVENCIONABLES

 1. Na liña 1:

a) Gastos de alugamento do local destinado a sede social da asociación ou federación.
b) Gastos de administración xeral e material funxible de oficina, material informático non inventariable, gastos de correo e outros análogos.
c) Gastos de persoal administrativo contratado pola asociación ou federación (retribucións salariais, incluidas as pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social a cargo da entidade beneficiaria).
d) Gastos ocasionados por obras de conservación e mantemento e pequenas reparacións que non teñan o carácter de inventariables, por non implicar incremento do valor patrimonial da sede social.
e) Asesoramento xurídico, fiscal e contable da asociación ou federación.
f) Gastos derivados do mantemento do local da sede social: luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.
g) Gastos de instalación e mantemento de liñas ADSL, mantemento de equipamentos informáticos e creación ou mantemento da páxina web da asociación ou federación.

2. Na liña 2:

 a) Gastos de persoal necesario para a execución dos programas: serán subvencionables os gastos do persoal contratado específicamente para o desenvolvemento da actuacións e actividades para as que se solicita a axuda, tendo en conta a retribución salarial aplicable pola xornada de traballo realizada para os correspondentes grupos ou categorías rofesionais segundo os respectivos convenios colectivos.

b) Gastos das persoas relatoras: honorarios, aloxamento, transporte.

c) Gastos derivados da realización da actuación ou actividade subvencionada: elaboración ou adquisición de materiais e publicacións específicas para o desenvolvemento da actividade; gastos de publicidade e difusión da actuación, así como o material de oficina necesario para a súa realización.

d) Outros gastos correntes directamente derivados da realización do programa subvencionado que estean perfectamente xustificados e se consideren fundamentais para o seu desenvolvemento.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

 Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
DOG Núm.75   Mércores, 19 de abril de 2017
 

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA