AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO. SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE.


RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS QUE REXERÁN AS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL COMO MEDIDA DE FOMENTO DA CORRESPONSABILIDADE PARA AS PERSOAS TRABALLADORAS QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DA SÚA XORNADA DE TRABALLO, COFINANCIADAS POLO FONDO SOCIAL EUROPEO CON CARGO AO PROGRAMA OPERATIVO FSE GALICIA 2014-2020. 2017.

OBXECTO
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria dsa axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas.

PERSOAS BENEFICIARIAS
Persoas físicas que se acollan á medida de redución de xornada entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive, homes e familias monoparentais, segundo o seguinte:

a) Os homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia do que seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario, e os socios das sociedades cooperativas sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á redución de xornada.
b) As familias monoparentais nas cales a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta axea e se acolla á redución de xornada, segundo o establecido nesta orde.
Para os efectos destas axudas, entenderase por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo.

Para poderen obter a condición de beneficiarias, deberán cumprir todos os requisitos, condicións e obrigas establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular os seguintes:

a) Estaren empadroadas en calquera concello da Comunidade Autónoma galega, polo menos cun ano de antelación ao inicio do período subvencionado.
b) Convivir coa filla ou fillo durante o período subvencionado.
c)No caso das familias non monoparentais, o cónxuxe ou parella deberá ser unha persoa traballadora por conta allea ou ben autónoma e manter esa situación durante todo o período subvencionado. Entenderase cumprido este requisito cando, habendo períodos non traballados, a suma destes non supere o 5% do período subvencionado, sexa este continuado ou fraccionado.
d) Ter uns ingresos non superiores a 5,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2016.
e) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da persoa interesada.
En ningún caso poderán ser beneficiarios desta axuda os proxenitores privados da patria potestade das súas fillas ou fillos, ou se a súa tutela ou garda foi asumida por unha institución pública. 

 ACCIÓNS SUBVENCIONABLES

As axudas poderán ser concedidas aos traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado dunha filla ou dun fillo menor de tres anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33%.

Así mesmo, poderán acollerse a esta axuda os traballadores que, cumprindo os requisitos establecidos, adopten unha persoa menor ou a teñan en situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido máis de tres anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a axuda terá que ser menor de 12 anos.

O período máximo subvencionable, continuado ou fraccionado, será de oito meses comprendidos entre o 1 de maio de 2016 e o 31 de maio de 2017, ambos os dous inclusive. Para ter dereito á axuda, deberase manter a situación de redución de xornada durante un mínimo de 60 días naturais ininterrompidos.  

CONTÍA

A contía desta axuda determinarase en función da porcentaxe de redución da xornada laboral e da súa duración, en atención ao número de fillas e fillos a cargo da persoa solicitante, de acordo cos seguintes tramos:
a) Cando a redución de xornada sexa de entre o 12,5% e ata o 25% dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do periodo subvencionable (8 meses):
a.1) Unha/un filla/o a cargo: 1.700 euros.
a.2) Dúas/dous fillas/os a cargo: 2.000 euros.
a.3) Tres ou máis fillas/os a cargo: 2.300 euros.  
b) Cando a redución de xornada sexa superior ao 25% e ata o 37,50% dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses): 
 b.1) Unha/un filla/o a cargo: 2.800 euros.
b.2) Dúas/dous fillas/os a cargo: 3.100euros.
b.3) Tres ou máis fillas/os a cargo: 3.400 euros. 
c) Cando a redución de xornada sexa superior ao 37,50% e ata o 50% ou máis dunha xornada laboral a tempo completo e a súa duración se estenda á totalidade do período subvencionable (8 meses):
c.1.) Unha/un filla/o a cargo: 3.100 euros.
c.2) Dúas/dous fillas/os a cargo: 3.400euros.
c.3) Tres ou máis fillas/os a cargo: 3.700 euros.   
 
Cando a xornada se realice a tempo parcial, ou cando o período subvencionable sexa inferior ao máximo, as contías das axudas reduciranse proporcionalmente. 
 
 PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
 
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.
DOGNúm.95  

Comentarios

Entradas populares de este blog

CARAPUCHIÑA VERMELLA (Versión políticamente correcta)

A MULLER RURAL GALEGA: UN RELATO DE 1890

PAZ GARCÍA-PORTILLA GONZÁLEZ. ÚNICA CATEDRÁTICA DE PSIQUIATRÍA EN ESPAÑA